Skip to Content

Programa Ponte a Zero

Durante o mes de maio tivemos o pracer de participar en diversas actividades do programa educativo “Ponte a zero” da Deputación de Pontevedra, co fin de educar e sensibilizar sobre a redución e a boa xestión dos residuos municipais.

As actividades ofrecidas por este programa educativo podémolas enmarcar dentro do noso proxecto de centro de Reciclhorta, xa que durante este curso escolar estivemos a facer a recollida de residuos orgánicos no noso centro para poder facer a compostaxe cos colectores que nos entregou o Concello de Silleda. Por outro lado, están directamente relacionados cos contidos traballados con outro proxecto: “Protexe o teu medio”, xa que indagamos sobre diversos temas medioambientais como o cambio climático, a contaminación das augas, do solo e do aire e as súas consecuencias na nosa contorna.

 

As actividades foron as seguintes:

Exposición itinerante de Ponte a zero e dúas charlas-talleres de:

  • Residuos Con-Ciencia Ciclo da auga e depuración para o alumnado de 1º ESO
  • Os microplásticos para o alumnado de 4º ESO


page | by Dr. Radut