Lingua Española
CLUBE DE LECTURA
Xa lle chegou o turno ao clube de lectura de 3º de ESO a 2º BAC! O pasado xoves tivo lugar a súa sesión de presentación, na que falamos do primeiro título no que nos mergullaremos: Antihéroes, de Iria G. Parente e Selene M. Pascual, unha novela de corte fantástico protagonizada por unha serie de xoves con certas habilidades fóra do normal.
Velaquí un booktrailer:
CLUBE DE LECTURA
O clube de lectura do IES Pino Manso xa arrincou! O pasado xoves tivo lugar a sesión de presentación co grupo lector de 1º e 2º da ESO. A súa primeira aventura literaria discorrirá a través das páxinas de George, de Alex Gino, un libro moi especial do que o escritor David Levithan afirmou: “É todo o que quero para o mundo, en forma de libro”.
Velaquí un booktrailer: https://www.youtube.com/watch?v=KtRR1i6DF6E
TELEXORNAL COLECTIVO LOURIÑA TV ESCOLAR
Estrea 11 de novembro do primeiro telexornal colectivo de Louriña TV escolar.
O alumnado do IES Pino manso participou dende a materia de Oratoria de segundo de ESO.
DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 21/22
PROFESORADO
Manuel Bouzas Escudero
María de los Ángeles Diéguez Rodríguez
Sonia Domínguez Ónega
David Pérez Álvarez, xefe do departamento
Adaptación da Programación Didáctica segundo as especificacións da Orde do 25 de xaneiro de 2022
CARTAS GAÑADORAS DO CONCURSO CARTAS DE AMOR SAN VALENTÍN 2021
Velaquí as cartas gañadoras do “Concurso de cartas de amor San Valentín 2021”!
Categoría I (1º e 2º de ESO)
Premio ex aequo para Ainoa Alonso Flores (2º ESO A)e Ariadna Rodríguez Alonso (2º ESO C).
Categoría II (3º e 4º de ESO)
1º premio: Alan Redón Xavier (4º ESO A).
2º premio: Noa Castaño Rodríguez (4º ESO A).
Noraboa polas vosas estupendas cartas! Aquí as deixamos para quen queira desfrutalas.
Carta de Ariadna Rodríguez Alonso
Carta de Noa Castaño Rodríguez
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »