Educación Plástica e Visual
DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN PLÁSTICA, VISUAL E AUDIOVISUAL
PROFESORADO
Juan Carlos Lago Bravo, Xefe de Departamento
Tono Abalde García
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2016-2017. DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN PLÁSTICA, VISUAL E AUDIOVISUAL
Para consultar:
1- Criterios de avaliación
2- Estándares de aprendizaxe
3- Estratexias e instrumentos de avaliación
4- Criterios de cualificación
Facer clic AQUÍ
FESTIVAL DE CANS 2018
Na semana do 23 ao 26 de maio tivo lugar a XV edición do afamado festival de Cans. Como cada ano o alumnado de 4º da ESO do IES Pino Manso, tivo a posibilidade de visitar algúns dos espazos nos que se proxectaron os curtametraxes.
Ademais o booktrailer titulado "Recoméndoche un libro: O principiño", presentado ao concurso polos profesores Lourdes Manteiga, Monique Otero e Juan Carlos Lago e as alumnas de 2º de bacharelato Laura Lorenzo e Ainhoa Martínez foi merecedor do premio do xurado.
NORABOA!!!!!!!
Para velo só tes que facer clic AQUÍ
FESTIVAL DE CANS 2018
O alumnado de 4º ESO, que cursa Educación Plástica Visual e Audiovisual, desprazarase ata Cans para asistir a varios coloquios na compañía do seu profesor Juan Carlos Lago.
24 de maio
OBRADOIRO DE BOOKTRAILER
O departamento de Educación Plástica Visual e Audiovisual organizou para o alumnado de 4º da ESO, conxuntamente coa Biblioteca Municipal do Porriño, un taller de booktrailer.
LUGAR: Biblioteca Municipal do Porriño
HORA: 12:25h
CAMILO O ÚLTIMO GUERRILLEIRO DE GALICIA
O mércores 8 de marzo, o alumnado de 4º ESO poderá escoitar ao ex alumno Pedro Iglesias que presentará no Salón de Actos do IES Pino Manso o documental "Camilo, o último guerrilleiro de Galicia".
Este traballo, feito por catro estudantes de Comunicación audiovisual da Universidade da Coruña, entre os que se atopa Pedro Iglesias, pretende contar, a través da memoria viva de Camilo de Dios, a historia de moitos homes que defenderon coa súa vida a liberdade.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »