Orientación
NOVAS DATAS PROBAS ACCESO A CICLOS
Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.
A resolución establece novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior.
XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PORTAS ABERTAS DA UVIGO
Tedes toda a información no Blog de Orientación:
http://orientapinomanso.blogspot.com/2020/05/informacion-importante-uvigo.html
FP Dual
O alumnado de 4º de ESO e de FP Básica asistiu hoxe, 10 de marzo, a unha charla sobre a FP dual, impartida por profesorado do CIFP Manuel Antonio e do CIFP Valentín Paz Andrade.
Prevención Acoso Escolar
O día 28 de xaneiro o alumnado de 1º de ESO tivo unha charla enfocada á prevención do Acoso Escolar, dentro do Plan Director para a Convivencia.
CONCURSO DE PORTAS DECORADAS
O Departamento de Orientación propuso aos grupos da ESO, en formato concurso, decorar as portas das aulas para conmemorar o 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero.
Tres profesoras do centros fixeron de xurado e elixiron como porta gañadora a de 2º ESO B. Como premio, disfrutarán dunha merenda na cafetería coa súa titora.
Noraboa, 2º ESO B!!!!!
XORNADA ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA
Alumnado de 1º de Bacharelato participou nas XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA COMARCAL DO BAIXO MIÑO, celebradas no Teatro Municipal de Tui o mércores 20 de novembro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »