Orientación

Departamento de orientación

ORIENTACIÓN VOCACIONAL

Visita aos centros de Formación Profesional "Manuel Antonio" e "Ricardo Mella" de Vigo.

O obxectivo desta actividade é, que o alumnado de 4º ESO reflexione sobre as diversas opcións que a Formación Profesional de grao medio e superior ofrecen.

Data: 13 de xaneiro de 2016

Hora: 09:00h-14:30h

Obrigatorio: xustificante de autorización asinado polos pais/nais ou titores legais do alumno/a

Xornadas de acollida ás familias

Os días 7 e 8 recibímos no centro aos pais e nais do noso alumnado para falar sobre o funcionamento do centro, presentar aos titores dos seus fillos e fillas, solucionar as súas dudas e  informar dun novo medio de mensaxería a través da aplicación TokappSchool que imos utilizar ao longo do curso. Unha aplicación que permitirá aos pais e nais estar informados sobre as faltas de asistencia, reunións, actividades escolares o outras informacións referentes á vida académica dos seus fillos.

 

Completamente gratuita, pode descargarse a través do teléfono mobil utilizando Google Play.

Formación do profesorado no centro co profesor Juan Vaello Orts

 

Neste curso 2013-2014 o profesorado do IES Pino Manso está  a participar nun  Plan de Formación Permanente do Profesorado sobre  A integración didáctica das TICs, e  no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais “   e “ Atención á diversidade e cambios metodolóxicos “.

Durante catro días, nos meses de novembro e xaneiro, puidemos contar coa presenza no noso centro do docente e psicopedagogo  JUAN VAELLO ORTS; autor  dunha serie de libros de gran difusión  nos que o profesorado pode atopar  estratexias  que lle facilitan a súa tarefa coma docentes.

 

Nunca nos cansaremos de escoitar e ler a este profesor porque, lonxe de ser un teórico da educación, sempre descubrimos nel algo novo que pór en práctica para mellorar día a día o noso traballo nas aulas.

 

Os temas que tratamos no decurso destas catro sesións foron diversos: xestión de conflitos na aula e no centro, competencias socioemocionais do profesorado e do alumnado, como mellorar os rendementos escolares, documentos sinxelos de seguimento do alumnado,….pero o que resaltariamos, máis que ese conxunto de estratexias, é a filosofía de fondo  que  impregna toda a súa obra .

 

Esta filosofía caracterízase por unha mente positiva encamiñada cara á resolución dos problemas dun xeito proactivo, pola importancia do traballo en equipo do  profesorado para acadar un maior  rendemento, a mellora das condutas, a motivación e  o compromiso do alumnado e para desenvolver intervencións  nas que se prioricen  a economía de recursos e o tempo.

Algúns dos libros de Juan Vaello que recomendamos para calquera biblioteca de centro e persoal son os seguintes:

-“Cómo dar clase a los que no quieren “

-“El profesor emocionalmente competente”

-“Claves para gestionar conflictos escolares “

 

Dende aquí queremos agradecer ao profesor Joan Vaello que aceptase compartir connosco  estas horas que nos souberon a pouco, e polo  seu ofrecemento para seguir axudándonos dende a distancia .  MOITAS GRAZAS.

 

 

 

Charlas de Orientación

- O martes 4º de febreiro: Charla sobre o tabaquismo para os grupos de 1º ESO.

- O mércores 5 de febreiro: ás 11,35, sobre a Universidade aos grupos de 2º Bacharelato por un membro da USC.

- O xoves 6 de febreiro trataráse a "Educación en Igualdade", dirixidas ao alumnado de 3º ESO pola asociación viguesa Faraxa:

- 3º ESO A- 3ª hora

- 3º PDC/PCPI -4ª hora

-3º ESO B- 5ª hora

 

 

 

 

Experiencias de aprendizaxe cooperativa

Ponencia a cargo da profesora do Departamento de Física e Química Maria José López Novo sobre as actividades levadas a cabo no centro nos derradeiros anos dentro do curso "Evaluar e trabajo cooperativo" do Centro de Apoio á Formación e Innovación Educativa de Eibar no mes de decembro.

 

Actividades do departamento de Orientación

Próximas actividades de Orientación no instituto:

-A Escola de pilotos de A Coruña impartirá unha charla o xoves 18 de abril ao alumnado interesado de 2º Bach.

- Charla da EFA As Cancelas de As Neves o mércores 15 de maio a 5º hora para os grupos de 4º ESO e 2º do PCPI.

Distribuir contido