LOURIÑA TV ESCOLAR

Pedro Iglesias, técnico encargado de Louriña TV Escolar, a televisión escolar municipal do Porriño, estivo con alumnado de 3º ESO B na primeira das tres sesións do proxecto deseñado para este curso para os centros escolares do Porriño. Mestúranse elementos teóricos con elementos prácticos, e terá como producto final unha pequena montaxe realizada por Pedro co material de vídeo e audio gravado na aula mailos brutos que entregue o alumnado.