Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
19
| 20
Start: 2017-06-20 17:20
End: 2017-06-20 18:10
A profesora de Bioloxía Beatriz Lastra, organizou para o alumnado de 1º ESO unha conferencia a cargo do ponente Marcos Parente, membro de ACOPO, na que os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de coñecer, entre outros aspectos, o ciclo vital, costumes, xerarquía, especies, distribución, etc deste mamífero. Mantivo ao auditorio moi atento xa que lles explicou a súa experiencia persoal co lobo e como conseguiu seguir a unha manada a partir das pegadas e os excrementos. Foi quen de transmitir a importancia de conservar a este animal, ao que o home limita cada vez máis o seu hábitat. | 21
| 22
| 23
Start: 2017-06-23 15:00
End: 2017-06-23 22:00
Hoxe celebramos o final de curso. Xa que estamos de Aniversario, os profesores, ex profesores, alumnos, ex alumnos, persoal docente, ímos compartir un xantar na cafetería. Trátase de lembrar e de manter esta ilusión que a todos nos une: o ensino. PROGRAMA: Recepción: 14:30-15:00h Xantar: 15:00h Percorrido polas instalacións do Centro: 17:00h Actuacións do alumnado: 18:30h Actuación de Roi Casal (Agasallo do Concello): 20:00h GRAZAS a tod@s por compartir unha data para a HISTORIA
O xantar achegou a distintas xeracións que compartiron experiencias e anécdotas Non faltaron as fotografías e tampouco... a "morriña" Espectador@s atent@s ás actuacións dos seus compañeir@s. NORABOA pola actitude Iago Álvarez responsable do son, Iria Gómez, Raquel Rodríguez e Anabel Suárez como presentadoras, tod@s eles alumn@s de 1º de Bacharelato, colaboraron na celebración deste acto. GRAZAS!!!!!!!!!!!!!!!!! Raúl Xosé Francés, alumno de 1º ESO, fixo unha mágnífica interpretación ao acordeón. Antía Domínguez e Nerea Palma, alumnas de 2º ESO bailaron a ritmo de "dance". Román Bugarín, alumno de 1º Bacharelato divertiunos cun monólogo no que participou o profesor de Latín, Manuel Ares e Alicia Vilar, alumna de FP Básica "Informática de Oficina" emocionounos cunha extraordinaria interpretación da "danza do ventre" NORABOA A TOD@S Paula Madero fixo bailar aos alumn@s cunha extraordinaria interpretación en inglés. Ás 20:30h e grazas á colaboración do Concello, para homenaxear o 50 ANIVERSARIO deste centro educativo, Roi Casal e o seu grupo fixeron gozar ao público que se achegou ás instalacións do IES Pino Manso UNHA XORNADA PARA A HISTORIA venres, 23 de xuño, 2017
| 24
| 25
|