Eventos
O alumnado de Formación Profesional Básica de I e II, terá tres sesión informativas sobre nutrición, deporte, drogas, alcohol, ao longo dos meses de marzo e abril. A terceira sesión será o día 18 de abril martes.
O taller de encadernación, que tivo lugar na semana de Actividades 2017 do IES Pino Manso, permitiu que o alumnado de 1º ESO deseñara os seus propios libros, que se atopan expostos no recibidor do instituto.
Participan: CPI da Ribeira, IES Ribeira do Louro e IES Pino Manso
Trátase dunha convocatoria a nivel nacional de concertos escolares na rúa, organizada por COAEM (Confederación de Asociacions de Educación Musical). Obxectivo: Celebrar un día de festa pola música escolar e compartilo con toda a sociedade española.
No Porriño tivo lugar na praza do Cristo, o xoves 27 de abril ás 12:00h.
Para saber máis clic AQUÍ
A prensa local recolleu o evento como mostra da conexión entre os centros escolares e a sociedade: facer clic AQUÍ
O martes, día 2 de maio, escollido como día festivo polos centros escolares da contorna do Porriño.
CADRO: "2 de MAIO" OU "A CARGA DOS MAMELUCOS". Autor: Francisco de Goya
O alumnado de francés de 3º e 4º ESO, acompañados polas profesoras, Lourdes Manteiga e Monique Otero, desprazouse a Vilanova de Arousa para asistir a unha xornada festiva no pavillón multiusos, onde se reuniron alumnos e alumnas de toda Galicia.
O alumnado de 1ºESO participou en Vigo da tradicional xuntanza
O alumnado de Formación Profesional Básica asistirá na Cidade da Cultura de Santiago a unhas xornadas de emprendemento, acompañados polo profesor Ignacio Maceda. Poderán ver distintos proxectos de innovación desenvoltos nos centros de formación profesional, en colaboración con empresas e institucións. Estes proxectos serán presentados polo alumnado e profesorado participante nos mesmos a través de diferentes demostracións e actividades interactivas.
O alumnado de 3º e 4º ESO tivo a oportunidade de coñecer distintos aspectos sobre a cultura estadounidense.