Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Febreiro 14, 2017
Start: 2017-02-14 08:45
End: 2017-02-14 14:30

O martes, 14 de febreiro, tivo lugar unha charla para os alumnos de 3º ESO, co obxectivo de valorar a sexualidade desde a responsabilidade.

08:45-09:35h: 3º ESO B

10:45-11:35h: 3º ESO A

13:40-14:30h: 3º ESO C

Start: 2017-02-14 10:45
End: 2017-02-14 11:35

O martes, día 14 tivo lugar unha charla para o alumnado de 4º ESO e Formación Profesional Básica sobre o bo uso das redes sociais.

Tendo en conta que este é un campo aberto a tod@s, dende o departamento de Orientación do IES Pino Manso considérase fundamental que o noso alumnado coñeceza e reflexione sobre o emprego axeitado destas tecnoloxías.

Xoves Febreiro 23, 2017
Start: 2017-02-23 11:35
End: 2017-02-23 12:25

Xoves, día 23, o alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de escoitar ao ex alumno deste centro Rafael Ávila. Físico de profesión e experto en cartografía.

O alumnado e profesorado seguiu atentamente as explicacións de Rafa Ávila. O mapeado de países como Haiti, no caso do terremoto de 2010, permitiu identificar as zonas danadas e achegar axuda máis axiña.

Venres Marzo 03, 2017
Start: 2017-03-03 08:45
End: 2017-03-03 14:30

Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, hoxe día 3 o alumnado de 2º ESO terá unha charla  sobre: discriminación, violencia de xénero, estereotipos de xénero, interculturalidade, organizada polo departamento de orientación.

Martes Marzo 07, 2017
Start: 2017-03-07 08:45
End: 2017-03-07 14:30

O alumnado de Formación Profesional Básica de I e II, terá tres sesión informativas sobre nutrición, deporte, drogas, alcohol, ao longo dos meses de marzo e abril. A primeira será o día 7 de marzo martes.

Mércores Marzo 08, 2017
Start: 2017-03-08 08:45
End: 2017-03-08 10:25

O mércores 8 de marzo, o alumnado de 4º ESO poderá escoitar ao ex alumno Pedro Iglesias que presentará no Salón de Actos do IES Pino Manso o documental "Camilo, o último guerrilleiro de Galicia".

Este traballo, feito por catro estudantes de Comunicación audiovisual da Universidade da Coruña, entre os que se atopa Pedro Iglesias, pretende contar, a través da memoria viva de Camilo de Dios, a historia de moitos homes que defenderon coa súa vida a liberdade.

Venres Marzo 10, 2017
Start: 2017-03-10 08:45
End: 2017-03-10 14:30

O día 10 de marzo o ex alumno do IES Pino Manso, Rafa Ávila, terá unha sesión práctica co alumnado de 4º ESO. O obxectivo é mapear todos os locais (tendas, cafeterías, oficinas públicas, etc para coñecer se son ou non de acceso a cadeiras de rodas.

Os datos serán recollidos polo alumnado en equipos. Debrerán comprobar as medidas das portas (acceso a cadeiras de rodas: debe medir como mínimo 90 cm de ancho) e as escadas que non poden ter máis de 7 cm de alto. Eses datos quedarán recollidos nos planos, previamente confeccionados por Rafa Ávila, e unha vez de volta no instituto, os descargarán coa aplicación openstreetmap.

Esta actividade desenvolvese dentro dos actos, que co motivo do 50 aniversario do Centro, estánse a levar a cabo.

Martes Marzo 14, 2017
Start: 2017-03-14 10:45
End: 2017-03-14 12:25

O alumnado de Formación Profesional Básica I e II, tivo unha charla o martes, 14 de marzo,  para reflexionar sobre este tema.

Distribuir contido