Eventos
O 10 de xuño, o que será novo alumnado de 1º ESO adscrito ao IES Pino Manso procedentes dos CEIP Fernández López e Plurilíngüe de Atios, tiveron unha xornada de portas abertas. Esperamos que gozaran da estancia. Os nosos magníficos anfitrións foron:
Lorena Portela e Sergio Maceira
Lía Lago e Martín Rodríguez
Raquel Pérez e Lucas Tenorio
BENVIDOS!!!!!!!!!
O departamento de Música organizou un concerto no Salón de Actos para o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato
Concerto de Uxía Senlle no Salón de Actos do IES Pino Manso para o alumnado de 4º ESO.
1º bacharelato |
09:00h |
4º ESO |
09:30h |
3º ESO |
10:00h |
2º ESO |
10:30h |
1º ESO |
11:00h |
Nas aulas de referencia correspondentes a cada grupo, os profesores-titores/profesoras-titoras farán entrega dos boletíns coas cualificacións ordinarias nas horas que se sinalan.
ÚLTIMA SESIÓN DE AVALIACIÓN COS NOSOS MATEMÁTICOS COMPAÑEIROS
Hoxe 30 de xuño, temos unha comida para despedir aos nosos compañeiros, Marisa Barreiro, orientadora do IES Pino Manso e aos profesores de matemáticas, Juan Boente e Manolo Pardal. Aos tres lles desexamos que gocen do tempo que agora van ter para eles e os seus e que non se esquezan deste centro no que compartimos tantos momentos.
NORABOA COMPAÑEIROS!!!!!!!