Consello escolar

O mércores, día 26 de outubro de 2022, ás 12:15 h, procederase a realizar o sorteo público dos compoñentes da Xunta Electoral para a renovación do Consello Escolar do Centro. Esta Xunta estará formada por:
•    Director do Centro.
•    Un profesor ou profesora.
•    Un pai, nai ou titor/a legal.
•    Un alumno ou alumna.
A Xunta Electoral, unha vez constituída, poñerá a disposición das persoas que desexen presentar a súa candidatura un impreso para formalizala.


Preme AQUÍ para ter máis información.

Circular informativa (preme na ligazón) para elección dos representantes de nais, pais ou titores/as legais do alumnado ao Consello Escolar do IES Pedregal de Irimia.

A Xunta electoral do centro aprobou na sesión celebrada o mércores, día 3 de novembro de 2021, o calendario electoral que podes descargar no seguinte enlace:

- Calendario electoral.

Na mesma sesión aprobouse a convocatoria do proceso electoral para todos os sectores afectados. Nos seguintes enlaces podes consultar as convocatorias e descargar o modelo de candidatura (tamén a podedes pedir na secretaría do centro) se estás interesado/a en participar no proceso. O prazo para entregar as candidaturas (na secretaría do instituto) remata o venres, día 12 de novembro, ás 14:00 h.

FAMILIAS
- Convocatoria.
- Modelo de candidatura.

ALUMNADO

- Convocatoria.
- Modelo de candidatura.

PROFESORADO
- Convocatoria.
- Modelo de candidatura.

PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS
- Convocatoria.
- Modelo de candidatura.

Os censos electorais dos distintos sectores están expostos no corcho que hai na entrada do instituto.

O martes, día 26 de outubro de 2021, ás 12:15 h, procederase a realizar o sorteo público dos compoñentes da Xunta Electoral para a renovación do Consello Escolar do Centro. Esta Xunta estará formada por:

  • O Director do Centro.
  • Un profesor ou profesora.
  • Un pai ou nai ou titor legal.
  • Un alumno ou alumna.
  • Un representante do persoal de administración e servizos.

A Xunta Electoral, unha vez constituída, poñerá a disposición das persoas que desexen presentar a súa candidatura un impreso para formalizala.

Preme AQUÍ para ter máis información.

Distribuir contido