Agradecemento para os estudantes do IES Pedregal de Irimia de MEIRA

Compartimos este vídeo publicado na canle de Youtube da investigadora de Bretoña (exalumna do IES Pedregal de Irimia): Sonia Villapol. Nuns meses o laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía do centro pasará a recibir o seu nome (proximamente daremos máis información). En agradecemento pola distinción a científica da Pastoriza comprometeuse a manter un mentorado científico ao alumnado do centro interesado na investigación. Moitas grazas polo teu compromiso e por ser como eres!