EXPOSICIÓN SOBRE ANTÓN FRAGUAS NO IES PEDREGAL DE IRIMIA
O noso centro acolleu o martes 26 de novembro a inauguración da exposición que o colectivo Egeria confeccionou tendo como eixo temático a etapa lucense de Antón Fraguas, homenaxeado este ano pola Real Academia Galega. Tivemos a honra de recibir a Xulio Xiz, un dos responsables da mesma, quen fixo ante algúns alumnos e alumnas do centro unha presentación na que agromaron coñecementos e experiencias directas co homenaxeado e anécdotas acerca de como era a vida dun estudante fai sesenta anos.
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/iespedregalirimia/system/files/FRAGUAS%201I.jpg)
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/iespedregalirimia/system/files/FRAGUAS%202II.jpg)