Lingua Galega
ROTEIRO CASTELAO. EXPOSICIÓN CASTELAO ARTISTA
Co obxectivo de coñecer as pegadas de Castelao na cidade de Pontevedra, así como a súa biografía e produción artística, o alumnado de 4ºESO acompañado polos profesores Matías da Torre e Xabier Prado, visitou a cidade de Pontevedra.
Os alumnos e alumnas contemplaron no museo provincial a “Exposición Castelao Artista” e percorreron as principais prazas facendo un repaso á relación da cidade co autor.
Preme na imaxe para acceder á galería.
VISITA Á FUNDACIÓN DE ROSALÍA DE CASTRO E AO MUSEO DO POBO GALEGO.
Co obxectivo de valorar a nosa historia e tradicións, o alumnado de 3ºESO, acompañado polos profesores: Liliana Carro e Matías da Torre, participou hoxe nunha visita ao Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.
A xornada continuou en Padrón, na Fundación de Rosalía de Castro, onde os alumnos e alumnas afondaron no coñecemento da biografía da escritora.
Preme nas imaxes para acceder ás galerías.
RECORDANDO A ROSALÍA
O Departamento de Lingua e Literatura Galega en colaboración coa Augateca, organizou hoxe 24 de febreiro, “Día de Rosalía”, un recital de poesía a cargo de alumnos e alumnas de Bacharelato para recordar a esta escritora emblemática da nosa literatura.
Preme na imaxe para acceder á galería.
VISITA Á "CASA DO PATRÓN" E AO "MUSEO DO TÍTERE" DE LALÍN
Preme na imaxe para acceder á galería
O alumnado de 1ºESO participou hoxe nunha saída organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.
XOSÉ NEIRA VILAS
O venres 27 de novembro, faleceu en Gres (Vila de Cruces) o escritor galego Xosé Neira Vilas aos 87 anos.
Hoxe no IES Pedra da Auga quixemos recordar a este intelectual clave da literatura galega. Na súa lembranza, fixemos unha lectura compartida en todos os grupos da ESO e FP Básica dun fragmento da súa novela mais coñecida “Memorias dun neno labrego”,a obra mais lida e traducida da literatura galega.
ENCONTRO CON FRANCISCO CASTRO
Hoxe no IES Pedra dá Auga tivemos a visita do escritor Francisco Castro. Os nosos alumnos e alumnas de 3ºESO gozaron dun animado encontro literario co autor vigués, actividade conducida polo profesor Matías Rodríguez e organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.
Preme na imaxe para acceder á galería.
Oferta de portugués
O IES Pedra da Auga é un dos poucos centros que oferta a posibilidade de estudar PORTUGUÉS como lingua estranxeira.
O feito de que o galego e o portugués compartan a mesma raíz e de que Ponteareas sexa un Concello fronteirizo con Portugal, fan de aprender portugués unha OPORTUNIDADE.
Se queres coñecer a importancia do portugués no mundo, preme no mapa.
Temario Sociolingüística e Literatura Galega dos séculos XX e XXI
Selectivo2: Temarios completos de Sociolingüística e Literatura
Temas I-II-III-IV-IX de Literatura