Animación á lectura
ENCONTRO CON FRANCISCO CASTRO
Hoxe no IES Pedra dá Auga tivemos a visita do escritor Francisco Castro. Os nosos alumnos e alumnas de 3ºESO gozaron dun animado encontro literario co autor vigués, actividade conducida polo profesor Matías Rodríguez e organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.
Preme na imaxe para acceder á galería.
XORNADA MICOLÓXICA
Co obxectivo de aprender a coñecer e respectar tanto as distintas especies de cogomelos como o seu contorno, e como en cursos anteriores, alumnos e alumnas de 4ºESO, acompañados por tres profesores: María Dolores Pardo, Gloria Iglesias e Matías Rodríguez, participaron esta semana nunha xornada micolóxica.
Preme na imaxe para acceder á galería
SAMAÍN
Hoxe, celebramos a festividade do Samaín.
Os alumnos e alumnas participaron en distintas actividades para conmemorar o inicio do ano novo celta e comezo da estación escura.
Preme nas imaxes para acceder ás galerías
Contamos libros ós peques
O alumnado de 1º ESO A estivo de visita no colexio no que fixeron a Educación Primaria para representar un conto ós nen@s de Infantil.
Para saber máis, visita ós nosos blogs:
Concurso de tuits amorosos (Día do Amor e da Amizade)
O tweet gañador foi o de Marta Berciano, de 2º Bacharelato. Noraboa!