Webex
Se tes unha videoconferencia cun docente, segue os pasos que se indican neste vídeo:
NOTAS SEGUNDA AVALIACIÓN
Boa tarde,
A aplicación Abalar está saturada xa que todo o alumnado está a intentar entrar. As notas xa están publicadas e podedes acceder a elas ao longo do día. Tede paciencia.
Moitas gazas e un saúdo a todos
2ª avaliación, aclaracións e comunicación das cualificacións.
A Consellería de Educación Universidade e Formación Profesional dictou instruccións para a 2ª avaliación deste curso dado o estado de alarma vixente.
No día de onte e no de hoxe o profesorado do IES Pedra da Auga está a facer as avaliacións de todos os grupos agás os de 2º de bacharelato que xa tiveron lugar antes do confinamento.
-Non son avaliables as actividades relacionadas cos contidos realizadas polo alumnado con posterioridade á declaración do estado de alarma, mediante a teleformación.
-Só se avalía o traballo desenvolvido ata a data da suspensión das clases.
-As cualificacións van a seren consultables na aplicación "Abalar móbil".
Seguimos ao voso dispór no email do instituto ies.pedra.auga@edu.xunta.gal e no teléfono do instituto, 886 12 12 05
Unha aperta a toda a comunidade escolar, coidádevos.
Familias en acción y recursos para autoorientarse.
Para comunicarse coa nosa orientadora mira o vídeo:
Facede click na imaxe
Teléfono para urxencias.
Durante o estado de alerta, para comunicacións urxentes está dispoñible de luns a venres, en horario de 17 a 20 horas o teléfono
690 60 31 45
Crear unha conta na aula virtual
Para o alumnado que non ten creada unha conta na aula virtual o procedemento explícase no seguinte vídeo. Unha vez creada a conta os profesores matricúlanvos nos cursos que vos correspondan.
ACTUALIZACIÓN, 13/03/2020: Suspendidas todas as actividades docentes 14 días a partir do día 16.
Actualización, 14, 25 horas, 13/03/2020.
A Consellería ven de publicar unhas novas instruccións ante a evolución da pandemia do Covid-19.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550
O PRAZO PARA ADMISIÓN DE ALUMNADO DE CARA AO VINDEIRO CURSO ESCOLAR AMPLÍASE ATA UNHA SEMANA DESPOIS DO REINICIO DA ACTIVIDADE ESCOLAR.
O IES PEDRA DA AUGA PERMANECERÁ PECHADO ATA QUE SE SOLVENTE A CRISE.
O luns 16 de marzo será o único día no que haberá uns servizos mínimos para solventar incidencias, sempre que a situación o permita.
A dirección do IES prega a toda a comunidade educativa que permanezan o máis posible nos seus domicilios para evitar contaxios.
Agardamos que todo se resolva do mellor xeito posible.
Debedes manter todos o contacto vía email e vía aula virtual co voso profesorado.
Seguide pendentes desta páxina web, onde se informará de calquer novidade de interese
===========================
Publicación das 20,00 do día 12/03/2020:
Por mor da pandemia de Covid-19 a consellería suspende as clases en toda Galicia.
A falta de determinar medidas concretas adaptadas ao noso centro compre que toda a comunidade educativa coñeza as instruccións da Consellería:
http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus
Admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2020/2021
ACTUALIZACIÓN, 6 DE MARZO.
Con data de onte matriculáronse por traslado dous alumnos de 1º e 3º da ESO, isto afecta á oferta de prazas xa que teñen dereito á reserva. Debido a elo a oferta de 4º da ESO queda en 28 vacantes.
============================================
Entre os días 1 e 20 de marzo está aberto o prazo de solicitude de postos escolares para o vindeiro curso escolar 2020/2021.
RELACIÓN DE VACANTES ESCOLARES OFERTADAS PARA O CURSO 2020/21
Para cursar os niveis de ESO e Bacharelato no IES Pedra da Auga de Ponteareas.
1º ESO 15 vacantes (6 delas NEAE)
2º ESO 0 vacantes
3º ESO 18 vacantes
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »