Solicitudes de admisión e matrículas para o vindeiro curso escolar
O vindeiro xoves 27 de xuño, ás 11 da mañá está convocado todo o alumnado do Centro na súa aula de referencia para facerlles entrega do derradeiro boletín de notas do curso e a documentación necesaria según cada caso.
Ao alumnado entregaráselle o impreso de matrícula que precisa para o curso que ven ou a documentación para tramitar a titulación naqueles casos en que se remata ciclo medio ou superior.
O prazo para solicitar prazas de primeiros cursos de ciclos medios e superiores abrangue dende o día 24 de xuño ata o día 4 de xullo ás 13 horas.
Estas solicitudes fanse on line na web da FP da Xunta de Galicia.
CALENDARIO DE MATRÍCULAS E FORMULARIOS EN PDF:
1º da ESO 25 e 26 de xuño
2º da ESO 10 e 11 de xullo
3º da ESO 8 e 9 de xullo
4º da ESO 4 e 5 de xullo
1º de Bacharelato 28 de xuño e 1 de xullo
2º de Bacharelato 2 e 3 de xullo.
Primeiros cursos de FP básica: Solicitudes de admisión do 24 de xuño ao 4 de xullo. Matrículas dende o 23 de xullo.
Segundos cursos de FP básica: Matrículas do 24 de xuño ao 4 de xullo. Directamente na secretaría do Centro.
Primeiros cursos de ciclos medios ou superior Solicitudes de admisión do 24 de xuño ata ás 13 horas do 4 de xullo. na app ciclosadmision na web edu.xunta.gal/fp. Matrículas para os admitidos do día 17ata as 13 horas do 22 de xullo.
Segundos cursos de ciclosmedios ou superior: Matrículas do 12 ao 16 de xullo. Directamente na secretaría do Centro.