Saltar navegación.
Inicio

Convocatoria de preinscrición e matrícula na Universidade de Galicia 2024-2025

Prazo de preinscrición convocatoria ordinaria: ata o 01 de xullo de 2024.

 

Data do primeiro listado de admitidos: 09 de xullo de 2024.

 

Resumo do procedemento de preinscrición e matrícula na universidade en Galicia para o curso 2024-2025.

Todo o procedemento de preinscrición e matrícula está publicado na web da CIUG.


PRAZOS DE PREINSCRICIÓN:

PRAZOS XERAIS:

O proceso de acceso constará dunha preinscrición anticipada e das convocatorias de preinscrición ordinaria e extraordinaria, aínda que tamén hai algúns prazos especiais (ver convocatoria para informarse):

  • Preinscrición Anticipada (do 12 de xuño ao 01 de xullo ata as 14:00h).
  • Preinscrición na convocatoria Ordinaria (do 19 de xuño ao 01 de xullo ata as 14:00h.), Para o alumnado que supere a ABAU na convocatoria ordinaria do presente curso.
  • Preinscrición na convocatoria Extraordinaria (do 17 de xullo ao 22 de xullo ata as 14:00h.). O 19 de xullo publicaranse na web da CIUG as prazas que quedan vacantes.

 

PRAZOS ESPECIAIS:

  • Ata o 9 de xullo (ás 14 horas) ábrese un prazo especial para aqueles/as estudantes que acceden á universidade pola vía prevista nos artígos 9.1.b, 9.2.b, 9.2.c, do RD 412/2014, de 6 de xuño, que xustifiquen a imposibilidade de presentar a preinscrición antes.
  • Prazo para titulados universitarios: do 14 ao 26 de xullo.
  • Prazo especial para o alumnado que supere a fase obrigatoria da ABAU tras o proceso de revisión: o 26 de xullo. A través dun formulario dispoñible na web da CIUG.
  • Do 23 ao 27 de setembro ábrese un prazo especial para os estudantes procedentes de outras comunidades que superasen as EBAU en setembro e para os titulados en FP despois da preinscrición extraordinaria.

 

As datas de preinscrición serán as mesmas para todo o sistema universitario de Galicia e están publicadas na web da CIUG, neste enlace:

 

https://ciug.gal/PDF/ACCESO2024/convocatoria_preinscricion.pdf

 

 

PROCEDEMENTO DE PREINSCRICIÓN:


Consulta aquí o enlace de preguntas frecuentes sobre o proceso de admisión.

A solicitude e todos os trámites administrativos do proceso de acceso, deberán facerse a través da aplicación NERTA, excepto determinado alumnado que deberá facer os trámites nos LERDs ou directamente na CIUG (ver instrucións na convocatoria).

 

O alumnado que xa teña os seus datos rexistrados en NERTA non necesita achegar ningunha documentación, en caso contrario haberá que rexistrarse nesta aplicación, cumprimentar os datos persoais e académicos, sinalar a relación priorizada de titulacións e subir á aplicación os documentos acreditativos.

 

Todo o procedemento de preinscrición está explicado na convocatoria de preinscrición, publicado na CIUG.

 

O alumnado deberá cumprimentar a solicitude online en Nerta, onde poderá indicar ata cinco titulacións universitarias diferentes, cun máximo de dez peticións en caso de que a titulación se imparta en máis dun centro de Galicia.

Para ver como realizar a preinscrición en NERTA podes consultar este vídeo elaborado pola Universidad de Santiago de Compostela, onde se explica paso a paso.

 

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS E RESERVA PARA COLECTIVOS ESPECÍFICOS:


Ver normas de adxudicación na convocatoria:

https://ciug.gal/PDF/ACCESO2024/convocatoria_preinscricion.pdf

 

A orde de adxudicación das prazas é a seguinte:

  1. Primeiro se adxudican as prazas a quen cumpra os requisitos na convocatoria ordinaria do ano en curso ou en anos anteriores.
  2. En segundo lugar, adxudicáranse prazas estudantes que cumpran os requisitos de acceso na convocatoria extraordinaria do ano en curso.

A CIUG asignará as prazas en cada titulación en cada un dos prazos que se establezan.

En todo caso, deberase ter en conta que o alumnado que presente a preinscrición na convocatoria extraordinaria, terá prioridade só nesa convocatoria, aínda que cumpra os requisitos na convocatoria ordinaria dese ano ou en anos anteriores. É dicir, terá a mesma consideración que os estudantes que superen a ABAU na convocatoria extraordinaria.

Acceso por dúas vías:

Os estudantes que teñan dúas vías de acceso (Bacharelato e FP) poden elixir a vía de acceso no momento da preinscrición. Se marca as dúas vías, a aplicación Nerta elixirá a vía que máis lle conveña para acceder.

 

PRAZOS DE MATRÍCULA:

As datas de matrícula serán as mesmas para todo o sistema universitario de Galicia e están publicadas na web da CIUG, neste enlace:

https://ciug.gal/PDF/ACCESO2024/convocatoria_preinscricion.pdf

 

 



Moi importante:

  1. A partir do 9 de xullo, data de inicio dos chamamentos, é necesario consultar o correo electrónico que figure en NERTA, dolos días.
  2. Hai que empregar o correo electrónico que permita identificar a persoa usuaria de Nerta.
  3. Revisar tamén a carpeta de correo spam.

 

PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA:


O procedemento de matrícula pódese consultar neste enlace da CIUG:

 

https://ciug.gal/gal/matricula-sug

 

Despois da preinscrición haberá seis adxudicacións de listados de admitidos (denominados chamamentos). Os tres últimos chamamentos inclúen ao alumnado que fixo a preinscrición na convocatoria extraordinaria. Despois de cada listado disponse de dous días para realizar a matrícula.


Poderanse consultar os listados de espera en Internet, accedendo a Nerta co contrasinal e valorar a posición na que te atopas na lista de espera.


Cando se publican os listados de admitidos os solicitantes poden encontrar nos seguintes supostos (ler convocatoria):

  • Seo solicitante é convocado/a para matricularse na titulación de súa primeira preferencia, deberá facer a matrícula, pois do contrario perderá tódolos seus dereitos. Nota: Enténdese por primeira preferencia aquela que o alumno/a solicitou en primeiro lugar ou en lugares sucesivos no caso de esgotarse as prazas ("cerrada" "pechada") das titulacións solicitadas nas anteriores preferencias.
  • Si o solicitante é convocado/a para matricularse nunha titulación de menor preferencia, poderá optar por facer a matrícula ou confirmar lista de espera das titulacións con maior preferencia:

a) De facer a matrícula considerarase firme e non terá a oportunidade de cambiarse a outra titulación.

b) De non facela, poderá esperar a matricularse nunha titulación de maior preferencia ata o peche da matrícula nesta, o que se anunciará coa publicación dos sucesivos listados de admitidos e de espera. Neste caso é necesario confirmar que desexa seguir en lista de espera da titulación ou titulacións de maior preferencia.


Cando e como hai que confirmar que se desexa seguir en lista de espera?

Haberá que facelo en Nerta despois da publicación de cada un dos chamamentos, durante os días que dura o prazo de matrícula que se establece para esa quenda. Se non se confirma a permanencia na lista de espera entenderanse que non ten interese en seguir na lista de espera e caerán seus dereitos no proceso de adxudicación.

Hai que ter en conta que despois de cada convocatoria de matrícula poden quedar prazas vacantes a consecuencia de que algún dos alumnos/as convocados non formalicen a súa matrícula. Neste caso, sobre as prazas vacantes realizarase unha asignación automática e convocarase aos alumnos/as para formalizar a matrícula nos sucesivos prazos sinalados no calendario de matrícula.


Unha vez que estea admitido/a nunha titulación, o resto das titulacións solicitadas de menor preferencia eliminaranse automaticamente da lista de espera.

 

Chamamentos por vacantes: Todo o alumnado que estea na lista de espera tras o peche dunha titulación continuará en lista de espera e aínda poden ser convocados a pesar de que se matriculasen noutra titulación. É dicir, tras o peche de matrícula das titulacións, en caso de producirse vacantes, os estudantes que quedaron en lista de espera serán convocados por correo electrónico, deberase responder aceptando a praza en 48 horas ou caerán tódolos dereitos de seguir no proceso e chamarase ao seguinte estudante da lista de espera. Este procedemento durará ata o 15 de outubro.

 

A formalización da matrícula realizase online, pero non se fai en Nerta, senón accedendo aos enlaces de cada unha das universidades de Galicia, os que están dispoñibles na páxina web da CIUG:

 

UNIVERSIDAD DE A CORUÑA: https://matricula.udc.es/matriculaprimeiro/

UNIVERSIDAD DE VIGO: https://matricula.uvigo.es/matriculaprimeiro/

UNIVERSIDAD DE SANTIAGO: https://www.usc.gal/gl/admision/graos/matricula

 

OFERTA DE PRAZAS NA UNIVERSIDADE E AS SÚAS NOTAS DE CORTE:


Na web da CIUG e nos seguintes enlaces podes informarte da oferta de prazas para o curso 2024-2025.

Ten en conta que na convocatoria extraordinaria non se ofertan prazas nos graos que teñan a súa matrícula completa na convocatoria ordinaria.

 


Oferta de prazas.

Notas de corte.

 

PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA EN OUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS:


Ademais de facer a preinscrición en Galicia se pode facer á vez en calquera outra Comunidade Autónoma de España. Hai que completar un formulario online por comunidade e estar atentos aos seus propios prazos de preinscrición e matrícula.

Consulta os seguintes enlaces:

 


NECESITAS RESOLVER ALGUNHA DÚBIDA?

Contacta coa CIUG, LERD ou UNIVERSIDADES nos seguintes teléfonos: