Finanzas para mortais
FINANZAS PARA MORTAIS
Durante os mes de abril tivo lugar un ciclo de charlas impartidas polo ponente do Banco de Santander, Ramon Conde Teira, do programa "Finanzas para Mortais", ao alumnado de Economía de 1º BACH e 4ºESO.
Nesta ocasión faloulles dos préstamos e os créditos, de como manexar as tarxetas no estranxeiro e do destino que se lles pode dar aos aforros: depósitos, seguros, produtos de renda fixa como as Letras do Tesouro, Bonos e Obrigacións do Estado, e tamén dos produtos de renda variable, como as accións e os Fondos de investimento.
O alumnado participou activamente ao longo da sesión, preguntando as súas dúbidas e facendo as suas achegas. quedando moi satisfeitos tanto eles como o ponente. Ámbolos dous mostraron a súa intención de levar a cabo futuras colaboracións.
O programa encádrase no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende, no que colaboran a Consellería de Educación, a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e o Banco Santander S. A.