COMEZO DO CURSO ESCOLAR.
O Conselleiro de Educación ven de anunciar en rolda de prensa o adiamento do Curso Escolar na ESO, Bacharelato e FP unha semana.
Estaba a ser imposible organizar os horarios dos centros ao descoñecer, a día de hoxe, a cifra de profesores dos que imos dispor.
A información recibida fala de comenzar as actividades a partir do mércores 23.
A directiva, profesorado e persoal non docente do IES Pedra da Auga segue a traballar nun comezo de curso escolar o máis seguro posible no actual contexto COVID.
Nos vindeiros días publicaráse nesta mesma páxina web o calendario definitivo de presentacións para este curso 2020/2021.
Coidádevos moito, boa parte da seguridade que poidamos ter no Condado consiste en manter nas casas, nos traballos e nas rúas as medidas de seguridade por todos coñecidas: alonxamento social, uso de mascarillas e hixiene de máns.