Saltar navegación.
Inicio

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2020/2021.

Mañá, día 20 de maio, e ata o vindeiro 19 de xuño abre o prazo para a solicitude dos libros de texto e material escolar para alumnado que estea escolarizado na ESO no vindeiro curso escolar.

A Orde que regula estas axudas publicouse no DOG de hoxe.

As solicitudes presentaránse, preferentemente, a través da aplicación fondolibros. Deberáse facer nela unha solicitude por cada alumno matriculado.

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (O Chave365 emítenno na oficina agraria de Ponteareas en horario de 9 a 14 horas, e no centro de saúde con cita previa).

Para a presentación presencial da solicitude na secretaría do IES (cousa pouco recomendable dada a situación sanitaria actual) poden facer a descarga da solicitude e achegala cuberta acompañada de copia de todas as follas do libro de familia e sentenza de separación, no seu caso, ou certificado de empadroamento da unidade familiar. Neste caso faráse unha única solicitude para todos os alumnos matriculados no mesmo centro escolar.

NOVIDADE: Este ano subiu o tramo de renta protexida por este procedemento. Teñen dereito as familias ata unha renta per cápita de 10.000 euros, e non solo de 9000 que era a cifra máxima de anos anteriores.

Deben solicitalo aquelas familias que vaian a ter alumnos cursando a ESO neste IES o vindeiro curso. Os posibles repetidores de 4º da ESO non o solicitan neste prazo, senón que no mes de setembro, unha vez matriculados teñen un prazo extraordinario para eles. O alumnado que non sabe ainda en qué centro se vai a escolarizar o vindeiro curso deberá presentar esta solicitude no seu centro actual.