Saltar navegación.
Inicio

Nova xornada de portas abertas no IES Pedra da Auga

Estimadas familias,

Co motivo da próxima graduación do/a voso/a fillo/a en Educación Secundaria, e tendo que elixir o centro onde vai cursar bacharelato, o equipo docente do instituto ten o pracer de convidarlles a unha xornada de portas abertas para os pais para que poidan coñecer como é a vida do noso centro. Para intentar conciliar o máis posible os horarios, e que a visita se faga en horario lectivo,faremos dúas sesións:

  • O luns día 3 de febreiro ás 17:00

  • O martes 4 de febreiroás 12:00

Se alguén non pode asistir neste horario e desexa visitar o instituto, pregámoslle que se póñan en contacto con nós no teléfono 886 12 12 05