CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA NO IES PEDRA DA AUGA.
O pasado día 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía durante o recreo na biblioteca do IES Pedra da Auga.
Con tal motivo, e baixo o lema "Ábrelle a fiestra a Rosalía", o alumnado de 1º e 3º da ESO, así como os de 1º e 2º de Bacharelato,realizou unha homenaxe á nosa escritora na biblioteca do centro, mediante a lectura de diversos poemas das súas obras escritas en galego: Cantares gallegos e Follas Novas, destacando con eles a Rosalía máis activista e feminista.
Tamén se deu paso á proxección de dous videopoemas realizados por dous alumnos de 2º de Bacharelato.
Para rematar a lúdica xornada de recreo o alumnado, e tamén o profesor Matías Rodríguez Datorre formaron parte dun photo-call cunha fiestra imaxinaria, elaborado polo alumnado de 1º da ESO.
día de Rosalía de Castro no IES PEDRA DA AUGA on PhotoPeach
Videopoemas feitos por alumnado de 2º de Bacharelato
Premede nos enlaces para velos