AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2016
NOTA INFORMATIVA DO 6 DE XUÑO
Publicación das listaxes provisionais de seleccionados/as e de suplentes.
Unha vez rematado o prazo indicado na nota informativa do 16 de maio, de recepción da documentación requirida ás persoas solicitantes e de atención das reclamacións, publícanse as listaxes indicadas no artigo 14.3 da Orde de convocatoria.
Anexo I: listaxes provisionais de seleccionados/as e de suplentes, ordenados por puntuación:
1º ESO. Acceso
2º ESO. Acceso
3º ESO. Acceso
4º ESO. Acceso
1º Bach. Acceso
2º Bach. Acceso
Nota: a posición nas listaxes e, polo tanto, a asignación a un grupo de “achega familiar”, estará condicionada ás posibles reclamacións e, no seu caso, á presentación da documentación requirida, podendo variar entre estas listaxes e as definitivas.
Anexo II: listaxe de solicitudes que, unha vez validadas, precisan de remisión de documentación, especificada no estado da solicitude “14. Requirimentos pendentes”, relacionada coas comprobacións segundo o establecido no artigo 3.1.e) da Orde de convocatoria destas axudas, correspondentes ás autorizacións citadas no artigo 6.1.d), así como á recepción dos datos relacionados no artigo 6.1.c). Acceso
Os requirimentos pendentes poderán consultarse a través do menú desta páxina (sección "3- estado solicitude").
Ábrese un prazo de 10 días naturais (do 7 de xuño ata o 16 de xuño, ambos incluídos) para que os/as solicitantes, que así o desexen, formulen reclamacións e remitan a documentación refirida no estado "14. Requirimentos pendentes", que deberá ser remitida á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, empregando o modelo de instancia correspondente e xuntando, de selo caso, a documentación xustificativa que corresponda, por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. No caso do seu envío por correo postal, será necesario levar a documentación e a instancia en sobre aberto co fin de que o funcionario/a de Correos poida facer constar o selo e a data antes de proceder á súa certificación postal.
Modelos de instancias:
- Instancia para remitir a documentación requirida aos solicitantes relacionados no Anexo II. Acceso
- Instancia para reclamacións. Acceso
Calcule a súa puntuación (formato Excel): Acceso