Alumnado de 1º de Bac na Radio Galega
Un par de alumnos que cursaron 1º de Bacharelato Cientifico foron entrevistados pola Radio Galega o día 2 de Setembro no programa "A Tarde" das 17:43 ás 18h (a entrevista, dun cuarto de hora, pódese escoitar directamente neste PodCast (a partir do minuto 43:30).
Os alumnos foron acompañados polo seu profesor de Física e Química, e representaron a todos os seus compañeiros que participaron nos traballos de divulgación da Teoría da Relatividade realizados con motivo do Ano Internacional da Luz 2015.
Estas actividades quedaron finalistas en dúas modalidades (Posta en Escena e Ano Internacional da Luz) do certame internacional de divulgación científica "Ciencia en Acción", do que o Faro de Vigo tamén deu noticia.
Nesta páxina web pódense ver os videos das actuacións destes fenómenos.
Noraboa a todas e todos os participantes!