Mercado Global Solidario
Actividade realizada por alumnado de multilingüismo do IES Pedra da Auga no marco do Foro Mundial de Educación celebrado en Santiago de Compostela en Decembro de 2010.
Previamente, fíxose un obradoiro de multilingüismo con xestos internacionais, no que os asistentes puideron adquirir unhas nocións básicas para mercar nunha das seguintes línguas: Árabe, Indonesio, Ruso e Turco.
Despois, e na entrada da Facultade de Económicas, organizouse un mercadiño co nome de Economía Global Solidaria coa colaboración de dúas asociacións galegas de comercio xusto. As persoas que o desexaron puideron mercar unha serie de produtos de diversas partes do mundo, en mesas atendidas polos nosos alumnos nas línguas anteriores. Os xestos internacionais facilitaron o entendemento entre as persoas compradoras e vendedoras.
x.....p.... p..xpiesl..