Articles

SAÍDA AO URBAN PLANET CO ALUMNADO DE 1º ESO

O alumnado de 1º ESO foi o martes 18 de xuño a celebrar o final do curso a Urban Planet en Oleiros. O alumnado de 1º B non tivo que pagar a actividade como agasallo por ter a súa aula mais limpa durante todo o curso (Esta actividade foi organizada polo Equipo de Convivencia. Grazas María Varela!!!!)

Despois de pasar a mañá brincando, foron a comer ata Santa Cruz e pasaron a tarde xogando ao voleibol, baloncesto, fútbol...na pista cuberta de Meixonfrío.

Foi un día moi divertivo na que todos e todas chegaron a casa cansos e felices!!!

RECREOS ACTIVOS

Este curso 2023-2024, o alumnado do IES ramón Otero Pedrayo tivo unha gran participación nos Recreos Activos. Estos organizáronse da seguinte maneira: 

PAVILLÓN: LUNS E VENRES- FÚTBOL (LUNS-3º E 4º, VENRES- 1º E 2º)

                 MARTES E XOVES- BALONCESTO (MARTES LIGA DE EQUIPOS )

                 MÉRCORES- VOLEIBOL E BÁDMINTON.

PISTAS EXTERIORES: DE LUNS A VENRES- FÚTBOL E BALONCESTO.

                                MARTES E XOVES- PETANCA

AULA DE USOS MÚLTIPLES: LUNS- BAILE.

Cada curso, iremos incrementando as actividades segundo a demanda do alumnado e disponibilidade do profesorado.

 

OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL. 24 MAIO 2024

O venres 24 de maio, o alumnado de 1º ESO participou nun obradoiro de baile tradicional galego impartido pola Asociación Cultural  Donaire. A profesora, Bea e as súas "axudantas" de 4º ESO, Carmela e Paula, quedaron encantadas co nivel acadado polo alumnado!!

 

APRENDENDO RCP BÁSICA. MAIO 2024.

O alumnado de 2º, 3º e 4º do IES aprenderon durante o mes de maio maniobras básicas de RCP. O material utilizado para a aprendizaxe foi prestado polo Centro de Formación e Recursos de A Coruña e o curso foi impartido polo profesorado de Educación Física habilitado para ello. O alumnado adquiriu coñecementos que poden ser vitais en situacións de emerxencia.

Bicentenario da Novena Sinfonía de Beethoven, 7 de maio

O 7 de maio de 1824 estreouse en Viena a Novena Sinfonía de Beethoven. Esta peza musical é para moitos a obra mestra do compositor alemán.

Douscentos anos despois celebramos a efeméride no IES Ramón Otero Pedrayo, cunha actuación de 140 alumnos e alumnas. Dirixidos polo profesor de Música, Juan Berná, o alumnado interpretou a parte final da peza, coñecida popularmente como a Oda á Alegría. A interpretación retransmitiuse en directo a través do programa Voces da Coruña, de Radiovoz.

Tal e como declaraba o profesor a La Opinión, "a pandemia privou a Beethoven dunha homenaxe á súa altura; no IES Ramón Otero Pedrayo quixemos compensar esta débeda ao noso nivel". Parabéns a todos e a todas pola vosa excelente actuación!!  A música é saúde!!! 

 
 
 

CAMPIIONATO PROVINCIAL ORIENTACIÓN. 24 ABRIL 2024.

O mércores 24 de abril, 25 alumnos e alumnas de 4º ESO participaron no Campionato Provincial de Orientación en Porto do Son. Os resultados foron moi bos: en cadete feminino o equipo quedou segundo e individualmente, Alba Gonzalez quedou de 2ª e África Vieites de 4ª,  acadando o resto das compañeiras moi bos resultados. Os rapaces tamén esforzáronse moito.

 

VISITA SOGAMA E ANDAINA NO XARDÍN BOTÁNICO DE CERCEDA. ABRIL 2024.

O mércores 17 de abril o alumnado de1º ESO visitou as instalacións de SOGAMA e o xardín botánico de Cerceda, donde fixeron unha andaina a carón do río Cabancos.

 

SEMANA DE XOGOS TRADICIONAIS. Alumnado de 3º e 4º ESO. MARZO 2024.

A semana do 11 ao 19 de marzo, alumnado de 3º e 4º de ESO descubriron os xogos tradicionais galegos grazas ao préstamo do material do Servizo de Deporte de A Coruña e material do instituto. Xogaron á petanca, chave, á rá,  bolos celtas, estornela...pasando unhas xornadas moi relaxadas e divertidas. 

II TORNEO INTERCENTROS RUGBY CINTA. MARZO 2024.

74 alumnos e alumnas de 2º ESO participaron o 6 de marzo no II Torneo de Intercentros de Rugby Cinta en Acea de Ama. Asistiron ao encontro centros de A Coruña, Sada e Culleredo donde reinou o compañeirismo e o bo ambente.

Recollida de lixo mariño en Santa Cruz

Setenta e cinco alumnas e alumnos de 1º ESO participaron na mañá do mércores 28 de febreiro nunha actividade de recollida de lixo mariño na praia de Santa Cruz. En algo menos dunha hora de recollida, apañamos sesenta quilos de plásticos e outro lixo. O detalle dos materiais retirados pode consultarse no arquivo que se adxunta con esta noticia

Para a actividade o alumnado dividiuse en dous grupos. Mentres un dos grupos, acompañado de persoal do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), recollía e clasificaba o lixo, o outro grupo realizou unha camiñada entre Santa Cruz e Bastigueiro, ao longo da contorna da ría. 

O día anterior, Ángel Prieto, un dos divulgadores medioambientais que traballa no CEIDA, impartiu nos grupos de 1º un obradoiro sobre a necesidade de reducir o consumo de plásticos. Ángel explicou ao alumnado as consecuencias medioambientais do vertido incontrolado de plásticos e a necesidade de impulsar plans para a redución do seu uso e a súa reciclaxe. A actividade estivo organizada polo Departamento de Educación Física, dentro do Plan de Actividades Físicas e Hábitos Saudables. 

Recollida de lixo mariño de Félix Longueira Fafián