Skip to Content

Edificio Ribeiro - Rúa do Carballiño, s/n - 32400 Ribadavia Ourense Tel.: 988 78 82 66
Edificio Abrente - Irmáns Álvarez Araújo, 5 - 32400 Ribadavia Ourense Tel.: 988 78 84 60
Correo: ies.oribeiro@edu.xunta.gal

VALES DE MATERIAL ESCOLAR (ESO)

Os vales de material escolar serán entregados a partir do día 1 de setembro de 2024, na secretaría do centro, en horario de 09:00 h a 14:00 h.

Só se entregarán os vales ao pai, nai ou titor/a legal do/a alumno/a, ou a persoas debidamente autorizadas polo pai, nai ou titor/a legal do/a alumno/a (descargar modelo de autorización para a entrega do vale).

Matricúlate no Bacharelato de Artes, Imaxe e Deseño

Mellores expedientes de Galicia ABAU 2024

Parabéns ao noso estudante Óscar González García como un dos mellores expedientes de Galicia ABAU 2024.

Recollerá o seu diploma no acto de recoñecemento MEGABAU, que se celebrará o venres 21 de xuño no Coliseum da Coruña.

Este premio é un motivo de orgullo para o noso centro, e destaca o seu esforzo e dedicación.

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/25

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (DOG nº 96, do 20 de maio de 2024): Enlace á nomativa

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 21 de maio ata o día 21 de xuño de 2024, incluídos.

Distribuir contido


by Dr. Radut