1.- Lectura e aprobación de acta anterior.
- Resultados enquisa a familias sobre temáticas a abordar este curso.
- Creación de grupo de Whatsapp e perfil de Facebook para difusión da información ás familias.
- Acto de graduación de 2º de BACH.
- Excursións do alumnado.
- Actividades e obradoiros xa organizados:
- Feira de libros usados 20/09/23. Este ano houbo escaseza de libros ao ser novos os dos cursos pares, e levar só un ano os dos impares.
- 20/12/23 Prevención de adiccións na adolescencia, con e sen substancia.
Como entendernos en familia.
- 24/01/24 Obradoiro para familas: Saben que os queres?
- 29/01/24 Tradi trap baila morena. Actividade de identificación e prevención de violencias sexuais para 3º ESO C e D.
- 07/02/24 Obradoiro para familias: É xordo ou quedou mudo? Comunicación en familia.
- 21/02/24 Obradoiro para familias: Axudar a discernir o camiño profesional.
Coñecendo ao noso fillo/a e axudando a que se coñeza.
- 13/03/24 Obradoiro para familias: Opcións profesionais
- Pendente data: Comunicándonos entre iguais. Charla do Colexio de Enfermaría de educación afectivo sexual para rapaces.
- 09/05/24: Trastornos da conducta alimentaria. Escola de Pais e Nais do Centro de Formación e Recursos. Olga Yanes
- Pendente data: Orientación profesional. Cristina Eiras do Equipo de Orientación de Lugo do CFR.
- Pendente data: Educación emocional e en sexualidade para pais, nais e rapaces. Querote +.
- Pendente data: Poñendo os Lentes as Familias. Sobre prevención dos diferentes tipos de violencia (actividade online).
3.- Principais temas abordados coas administracións educativas, no consello escolar e co equipo directivo do centro:
-Consecuencia do escrito presentado solicitando información sobre os criterios da administración na implantación de Edixgal e a simultaneidade cos libros en papel,o día 01/02/24 acudimos a unha xuntanza coa Directora Xeral de Innovación Educativa, Judith Fernández, que nos informou de que a recomendación é de que non haxa máis de 2 ou 3 libros a maiores do material de Edixgal, que están a traballar na mellora do material didáctico e que na financiación deses libros.
-Escrito ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos e a Xefatura Territorial pedindo información sobre a reducción de profesorado no curso 23/024.
-Organización dos grupos de 1º e 2º por ámbitos educativos,
-Petición de inclusión do IES na plataforma ELBE 2 de libros dixitais.
-Proposta a FAPACEL sobre a organización da ABAU, en particular a eliminación da materia de Historia da Filosofía e coincidencias horarias.
4.-Presentación das contas.
5.-Información estado do proceso xudicial de reclamación dos fondos da Asociación.
6.-Rogos e preguntas