Skip to Content

2º trimestre

Concurso de escritura rápida

A Biblioteca e o EDLG do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes convocaron un Concurso de escritura rápida.

A gañadora foi Ana Munín de 3º ESO A. Parabéns Ana!!

 Na fotografía podedes ver ao alumnado participante en plena actividade creativa.

Representación do grupo teatral do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes

O Grupo de Teatro do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes representou no Salón de Actos  do  instituto unha serie de monólogos e pequenas pezas teatrais para o alumnado de 2º e 3º de ESO

 

Charla sobre o traballo forense

Alumnado de 4º ESO  e 1º de Bacharelato do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes participou nunha sesión sobre o traballo forense.

Xosé Ramón Monterroso, médico forense na provincia de Lugo, falounos dos impactantes datos na taxa de suicidio en xóvenes e adultos na provincia de Lugo, onde se concentra o número máis elevado de España.

Presentación Proxectos STEM

Alumnado STEAM do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes presentou ante o alumnado de 4º ESO os seus traballos.

O noso alumnado traballou e adicou moitas horas na procura dunha investigación de calidade, acadando uns resultados de gran interés.

Visita ao Centro de Investigación de Enxeñaria Civil da UDC

Alumnado STEAM do IES Ollos Grandes visitou o Centro de Investigación de Enxeñaria Civil da Universidade da Coruña, no Campus Elviña.

O proxecto Saturno busca utilizar ferramentas integradas de modelos hidrolóxicos e hidraúlicos de inundacións para detectar zonas de riscos e melloras potenciales neses lugares. Ainda que podería parecer que Galicia non estaría nun rango importante de inundacións, o certo e que sí e cos efectos do cambio climático os riscos son máis grandes

Visitamos a exposición "Mulleres das/nas aldeas"

O alumnado 2º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes visitou na Deputación a exposición "Mulleres das/nas aldeas" relacionada co proxecto Falemos de emigración.

A través desta exposición temporal quérese visibilizar, dignificar e empoderar todas as realidades das mulleres das/nas aldeas con especial atención ao traballo da comunidade migrante lucense como presente activo e coidador do noso rural.

 

2º encontro interxeracional "A escola contemporánea"

Despois do primeiro encontro de coñecemento mutuo e de experiencias compartidas, alumnado de 4º ESO A e persoas maiores debatiron neste segundo encontro, celebrado o 14 de marzo, acerca de cal debe ser o papel da educación contemporánea.

Realizaron un traballo en grupos formados por alumnado e maiores e coa moderación da súa profesora de Lingua Castelá e da coordinadora de Afundación de Abanca.

A través do diálogo e a colaboración, fixeron a súa achega ao debate educativo desde a perespectiva histórica que ofrece a relación interxeracional e desde a tensión creativa des experiencias escolares e vitais dispares.

E como resumo das conclusións globais recollemos unha das propostas de mellora planteadas polos alumnos de cara a educaión actual: "Tecnoloxía como suplemento, e humanidade como papel principal"

 

Exposición Cartas de amor

O IES Nosa Sra dos Ollos Grandes acolleu a exposición, Cartas de Amor.

Con ela preténdese establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas. Para isto, os debuxantes plasman nunha imaxe situacións ou momentos que consideran como violentos entre adolescentes, co obxectivo de por de manifesto a necesidade de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella.

8M

8M

Para conmemorar o Día Internacional da Muller, desde o Plan Proxecta Donas de Si, na materia de Educación Plástica Visual e Audiovisual, o alumnado de 3º ESO, ilustrou a mulleres relevantes galegas de diferentes ámbitos.

Por outra banda tamén se deu a intervención artística nos bancos da entrada do instituto para a conmemoración do 8M. As frases foron elixidas e elaboradas polo alumnado de 1° ESO.

 

 

11F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2024

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes asistiu ao taller de subtitulación para persoas xordas, audiodescrición para persoas cegas e adaptación á lectura fácil para persoas con discapacidade intelectual.

Lourdes Lorenzo, directora do Departamento de Tradución e Lingüística e Coordinadora de prácticas da Facultade de Filoloxía e Tradución, da Universidade de Vigo, concienciounos sobre a importancia da inclusión a partir das tecnoloxías da fala, no que conflúe o coñecemento humanístico e o científico de moitas mulleres.

Distribuir contido


by Dr. Radut