Tras ver que o número de vítimas de violencia de xénero segue aumentando e o falar de cifras parece que non impacta, no IES Nosa Sra dos Ollos Grandes decidimos crear unha exposición nos corredores do centro para concienciar ao noso alumando.
Colocamos unha silueta por cada muller asasinada este último ano. Cando empezamos a traballar eran 47 mulleres, a semana da exposición 52 e o mesmo día da montaxe, convertéronse en 53 vítimas. O ver o espazo que ocupan 53 persoas foi desolador.
Trátase dunha actividade interdisciplinar e internivelar, na que participamos moitos membros do profesorado e do alumnado, todos por unha causa común.
Tivemos o pracer de contar coa presenza da concelleira Ana González Abelleira, que sempre nos impulsa e promove as nosas iniciativas.
Fotos: Daniel Díaz Trigo