Skip to Content

Musica

Departamento de Música. Curso 24-25

A composición do departamento de música do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2024-2025 é a seguinte:

  • Díaz Valdés, Miguel Ángel (xefe de departamento)
  • Villarino Méndez, Jesús

Teatro. “Dándolle unha volta a Don Juan”

O alumnado de 1º e 2º de bacharelato de Artes Escénicas do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes visitou o cemiterio de San Froilán para ver “Dándolle unha volta a Don Juan” , de Palimoco Teatro.

Ademáis de gozar dunha gran obra puidemos ver a algunha das nosas alumnas en plena acción. Parabéns e a seguir así!

 

Concerto: "Pleasure Island"

Alumnado de 2º da ESO e 1º BAC do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes asistiu en Santiago ao espectáculo "Pleasure Island"

Trátase dunha interesante fusión de música orquestal e danza contemporánea, feita a partir de dous relatos de Kafka e Cortázar. Unha proposta moi interesante de Compostela Cultura e a Real Filharmonía de Galicia.

Visita ao CENTRAD

Un ano máis o alumnado de 2º da ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes tivo a oportunidade de desfrutar dos magníficos recursos que nos ofrece o Museo de instrumentos musicais do Centrad, e de achegarse ao apaixoante oficio da luthería.

Ademáis, como complemento da visita, aprendemos cousas moi interesantes sobre a olería e outros oficios tradicionais.

 

Os martes no lecer: Música tradicional.

A Agrupación de música tradicional do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes sigue ensaiando os martes no período de lecer. Anímate a participar.

Ensaio da Orquesta Sinfónica de Galicia

Alumnado de 3º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistíu en Coruña a un ensaio didáctico da Orquesta Sinfónica de Galicia.

Sinalar que tivemos ocasión de escoitar dous concertos para trompeta: o "Concerto venezolano", de Paquito D'Rivera; e "Altar de bronce", da compositora mejicana Gabriela Ortiz. Ambos estiveron interpretados polo trompetista Pacho Flores. Cómpre sinalar que ademais da experiencia, sempre enriquecedora, de escoitar á OSG, tivemos tamén o privilexio de asistir ao ensaio previo á estrea mundial da segunda das obras mencionadas. E o de contar coa compañía da propia compositora, sentada ao noso carón entre o público.

A continuación visitamos a exposición de Steven Meisel, un fotógrafo icónico que non nos podíamos perder. 

Concerto didáctico

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiu en Santiago a un concerto didáctico.

  

Da man de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez aprendemos unha chea de cousas sobre as relacións entre a música, a bioloxía e a evolución... E sobre todo escoitamos música marabillosamente interpretada, con instrumentos tradicionais e xoguetes sonoros.

Teatro

Alumnado de Artes Escénicas de 4º ESO e 1º de Bacharelato asistiron no Teatro Principal de Santiago de Compostela á representación da obra Illas desertas.

Illas desertas nace como resposta a un mundo competitivo que só sabe camiñar nunha única dirección: a de facernos produtivos.

O espectáculo propón unha travesía cara a nada, ancorada na narrativa e na poesía audiovisual.

Artes escénicas

Alumnado de 1º de Bacharelato de Artes Escénicas actuou para o alumnado de 2º ESO poñendo en escena varias coreografías.

  

 

Visita ao Centrad. Centro de Artesanía e Deseño.

Alumnado de 2º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos grandes visitou o Centro de Artesanía e Deseño.

O Centrad promociona a cultura dos oficios e dos obradoiros artesáns.

Acolle nas súas salas exposicións do Libro, de Traxe, Cestería e Olería Tradicional e unha importante Colección de Instrumentos Musicais.


Asi mesmo aproveitaron a visita para ver a Exposición Alfonso X e Galicia na Capela de Santa María

Distribuir contido


by Dr. Radut