Skip to Content

Xeografía e Historia

Departamento de Xeografía e Historia. Curso 24-25

A composición do departamento de xeografía e historia do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2024-2025 é a seguinte:

  • Gómez Vila, Javier (xefe de departamento)
  • Beiro Oreiro, María
  • Copa Novo, Jesús R.
  • Navaza Dafonte, Luis Pablo
  • Ramos Marful, María Noelia

Aula virtual de Historia do Arte e Itinerarios de Javier Gómez

Coñecer o noso Patrimonio

Alex e Fabio, alumnos da materia de Patrimonio artístico e cultural de Galicia, contáronlles aos seus compañeiros a historia da muralla.

Coñecer o noso entorno é o primeiro paso para poñelo en valor. Facelo cunha metodoloxía activa na que o traballo individual e en equipo estea presente é poñer en valor o noso futuro. 

Vista ao Domus do Mitreo

Alumnado de 2º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes da materia de Patrimonio Artistico de Galicia visitou a Domus do Mitreo

Unha visita para achegar aos alumnos e alumnas aos segredos do mundo romano na cidade de Lugo.

Charla de Arqueoloxía

Alumnado de 2º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiu á charla de arqueoloxía impartida polo arqueólogo Celso Rodríguez.

Celso falou da evolución da cidade de Lugo dende a súa fundación ata a Idade Moderna a través das excavacións arqueolóxicas, centrado na Domus do Mitreo, a Muralla e a Catedral

 

Visita do Senatus Lucus Augusti

No IES Nosa Señora dos Ollos Grandes recibimos a visita de representantes do Senatus Lucus Augusti. Trátase dunha asociación de recreación histórica nacida en Lugo no ano 2012

Os senadores disertaron sobre o Arde Lucus, O Senado e a Historia de Lugo.

Visita ao Castro de Viladonga

Alumnado de 1º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou o Castro de Viladonga.

Esta actividade estivo organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Visita á Domus do Mitreo

Alumnado de 1º de ESO  do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou o Museo Universitario A Domus do Mitreo.

Con esta visita achegámonos ó mundo romano na cidade de Lugo vendo uns restos arqueolóxicos cuxa interpretación nos permite coñecer parte da historia da cidade.

Esta saída foi organizada polo Departamento de Xeografía e Historia

 

Distribuir contido


by Dr. Radut