Skip to Content

Alemán

Departamento de alemán. Curso 24-25

A composición do departamento de alemán do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2024-2025 é a seguinte:

  • Rey Rodríguez, María (xefa de departamento)
  • Fernández Rico, Patricia

Blog do departamento de alemán.

Benvida ao alumnado de 1ESO de alemán

O departamento de alemán do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes dalle a benvida ao alumnado de 1ESO de alemán cas Schultüten típicas de Alemania. Os nenos e nenas alemáns recibenas o primeiro día de colexio.

Dentro hai material escolar como lápices ou gomas e chuches. Estas Schultüten foron feitas polos compañeiros que o ano pasado estaban en 1ESO ca axuda da nosa asistente de idioma Vanessa.

Mobilidade a Leipzig, Alemania

27 de maio: O noso grupo de cuarto de Alemán desprazado a Leipzig fixo unha visita por Berlín, onde puideron coñecer algúns dos lugares máis icónicos da capital xermana.

24 de maio: o noso grupo de cuarto de ESO de Alemán desprazouse a Dresden e traballando en parellas, presentaron os monumentos máis importantes da cidade.

23 de maio: O noso alumnado desprazado a Leipzig, despois da recepción oficial por parte do director, fixeron unha visita pola cidade, guiados polo alumnado xermano.

22 de maio: Alumnado de cuarto de ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes viaxou no día de hoxe a Leipzig, Alemania.

Estarán por terras xermanas ata o próximo mércores 29 de maio. Iremos informando.

Delegación do Evangelisches Schulzentrum Leipzig en Lugo

O IES Nosa Sra dos Ollos Grandes recibe esta semana aos nosos socios do Evangelisches Schulzentrum de Leipzig.

 

Temos unha semana cargada de actividades e tamén tempo para  coñecer a cidade e visitar Santiago e Coruña

Selección definitiva do alumnado para beca de verán do Goethe Institut

Achégase a relación de candidatos ás becas de verán do Goethe Institut, xunto ca puntuación definitiva acadada por cada un despois despois do proceso de revisión. O código iderntificativo está composto polos catro útimos díxitos do DNI.

Pódese consultar a puntuación dos distintos candidatos nos diferentes apartados do baremo en dirección ou falando co departamento de alemán.

 

Código Puntuación
149A 83
918M 80
582N 79
243C 75

Selección provisional alumnado beca verán do Goethe Institut

Achégase a relación de candidatos ás becas de verán do Goethe Institut, xunto ca puntuación provisinal acadada. O código iderntificativo está composto polos tres útimos díxitos do DNI.

 

Código Puntuación
final
149A 72
918M 69
582N 69
243C 67

Pódese consultar a puntuación dos distintos candidatos nos diferentes apartados do baremo en dirección ou falando co departamento de alemán.

O prázo de reclamación contra as puntuacións do baremo así como a puntuación final é de cinco días lectivos a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Criterios de selección para participar nas becas e mobilidades ofertadas polo departamento de alemán

  • Para a obtención da beca valoraranse os aspectos que se contemplan na táboa 1. 

  • Unha vez aplicada a suma da táboa 1, pedirase unha valoración aos titores, seguindo a táboa 2. 

  • Como os solicitantes están equiparados en sexo (homes e mulleres), otorgase unha praza a un rapaz e outra a unha rapaza. 

  • No caso de obter a mesma puntuación, procederase a un sorteo. 

 

Esta beca está condicionada a seguir matriculado na asignatura en anos posteriores e por conseguinte á permanencia no centro (de non cumprirse esta condición, o Goethe Institut poderá reclamar a cuantía de dita beca).

 

 

TÁBOA 1

 

Nota obtida no exame oficial do Goethe Institut.

 

A nota arredonde- arase ao enteiro máis próximo e, en caso de equidistan-

cia, ao superior.

 

Nota da primeira avaliación

do curso actual na materia.

 

 

A nota arredonde-arase ao enteiro  máis próximo e, en caso de equidistan-cia, ao superior.

 

*Non presenta faltas de puntualida-de nin asistencia sen xustificar na asignatura de alemán.

 

Continuidade na matrícula da asignatura. Valorarase segundo o número de anos anteriores cursados na materia:

 

3 cursos anteriores na materia: 3 puntos.

 

2 cursos anteriores na materia: 2 puntos.

 

1 curso anterior na materia: 1 punto.

Amosa unha moi boa actitude e comporta-mento nas clases de alemán.

É moi participativo/a.

 

 

Amosa unha boa actitude e comporta-mento nas clases de alemán.

É participativo/a.

 

 

Amosa unha actitude e comporta-mento mellora-

ble nas aulas de alemán.

Debería ser máis participati-vo/a.

Non amosa unha boa actitude nin comporta-mento nas aulas de alemán.

Non participa nas aulas de alemán.

Os puntos acadados equivalen á nota obtida

Os puntos acadados equivalen á nota obtida

Ata 3 puntos

Ata 3 puntos

5 puntos

4 puntos

2 puntos

0 puntos

 

*ningunha falta = 3 puntos        entre 1-3 faltas =2 puntos   4 faltas = 1 punto máis de 4 faltas = 0 puntos

 

 

 

 

TÁBOA 2

*Non presenta faltas de puntualidade nin de asistencia sen xustificar no resto de asignaturas.

Entrega todos os traballos a tempo e en forma no resto de asignaturas.

Traballa ben en grupo.

Amosa unha moiboamadurez, actitude e comportamento nas actividades académicas complementarias e nas clases.

Amosa unhaboa actitude e comportamento nas actividades académicas complementarias e nas clases.

 

Amosa unha actitude e comportamento mellorable nas actividades académicas complementarias e nas clases.

Non amosa unha boa actitude nin comportamento nas

actividades académicas complementarias nin nas clases.

Ata 3 puntos

5 puntos

5 puntos

4 puntos

2 puntos

0 puntos

 

*ningunha falta = 3 puntos entre 1-3 faltas = 2 puntos 4 faltas = 1 punto máis de 4 faltas = 0 puntos

 

Calendarios de advento. Entrega de premios

O departamento de alemán entregou o 21 de decembro os premios aos gañadores do concurso de calendarios de advento.

Emma de 1°A e Cloe de 1°B gañaron o 3. premio co seu calendario. O segundo premio consiguerono Alba de 1°C e Juan de 1°D. E a gañadora do concurso é Naia de 1°B.

Parabéns e moitas grazas a todos por participar e votar. Bo Nadal! Frohe Weihnachten!

Concurso de calendarios de advento

Dende o Departamento de Alemán do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes organizouse, como tódolos anos, un concurso de calendarios de advento. Na entrada pódense ver as obras do alumnado de 1º ESO de alemán. 

O persoal docnete e non docente máis o alumnado de alemán dos outros cursos poden votar ata o 20 de decembro aos seus favoritos. O día 21 de decembro publicaránse os gañadores e daranse os premios.

 

Xornadas de consolidación de centros PASCH

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes acude á recepción na residencia da embaixadora alemana en España no marco das "Xornadas de consolidación de centros PASCH" (centros educativos amigos da lingua e cultura alemanas) organizadas polo Goethe Institute, na súa sede en Madrid.

Durante estas xornadas trátase de intercambiar experiencias e seguir fomentando a través de diferentes proxectos o estudo da lingua alemá.

Nesa mesma liña, no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes seguimos a fomentar o alemán neste caso convocando un concruso de comics nesa lingua. Na foto os gañadores do premio cos seus diplomas. Parabéns!

Distribuir contido


by Dr. Radut