Skip to Content

Inglés

Departamento de inglés. Curso 24-25

A composición do departamento de inglés do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2024-2025 é a seguinte:

  • Villar Rodil, Mª del Mar (xefa de departamento)
  • Barrera Fernández, Lorena
  • Fernández Senande, Mª José
  • Núñez Pena, Roberto Carlos
  • Bedia Méndez, Mª Teresa
  • López Sesto, Mª Paz
  •  (auxiliar de conversa)

 

 

 

 

Discursos de graduación

Esta semana tiveron lugar os discursos de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato que rematan o seu paso polo instituto.

.

Trátase duns discursos que elaboran os alumnos, en inglés, sobre a súa traxectoria académica, expostos no salón de actos e que son unha celebración especial

 

É unha bonita tradición que nos chega desde USA, promovida pola profesora Lorena Barrera, onde o alumno se sinte protagonista contando detalles e anécdotas da súa propia vida. 

 

Becas para as probas de certificación en lingua inglesa: Criterios de selección e alumnado beneficiario

Os criterios para a adxudicación das becas da Consellería de Educación para a realización de probas de certificación en lingua inglesa por parte do alumnado de segundo de bacharelato son os seguintes:

  • Recibir beca do Ministerio de Educación y Formación Profesional (2 puntos)
  • Idoneidade (1-5 puntos): Valoración feita polo departamento de inglés en función do perfil do alumno/a e o nivel da proba solicitada.
  • Media das seguintes cualificacións (1-10 puntos): notas de inglés en primeiro de bacharelato e no primeiro trimestre de segundo de bacharelato.
  • En caso de empate, atenderase ao feito de ter unha puntuación máis alta nos criterios anteriores, na mesma orde que aparecen.

No ficheiro adxunto atópase ordeada a relación de alumnado (en verde) que acadou a axuda, ordeada de forma descendente polos cinco últimos díxitos do DNI.

Alumnado sen axuda

O alumnado que non acadou a axuda, ten tamén a oportunidade de presentarse ás probas aboando a cantidade de 100 euros. En caso de estar interesados, deberán facer a súa inscripción nas oficinas do centro facendo entrega de dito importe. Para formalizar a inscripción deberá de entregarse o documento cuberto e por duplicado nas oficinas do centro. Unha vez abonados os 100 euros o centro devolverá unha copia selada a modo de recibí.

Teatro «I spy» en inglés

Alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes asistiron á representación da  obra  de teatro "I spy" no Auditorio Gustavo Freire.

 

A actividade, organizada polo departamento de Inglés, e promovida por Afundación, obra social Abanca, consistiu na asistencia á obra ‘I Spy’, integramente en inglés, un teatro participativo no que James Blob, axente 003 1/2, ten como misión combater as accións da malvada Dra Z no seu intento por dominar o mundo.

  

Charlas Socioculturales

Alumnado de Bacharelato e de 3º e 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asiste estos días a varias Charlas Socioculturales impartidas en inglés por un falante nativo.

O alumnado aprende dun xeito entretido aspectos sobre a cultura e a sociedade dos países de fala inglesa, como as bandeiras dos distintos países do Reino Unido, os membros da realeza británica, símbolos do mundo anglosaxón ou o que é un “almorzo inglés tradicional”, entre outras moitas cousas.

Estas actividades son posibles gracias á cortesía de Burlington Books.

Resultados finales da certificación de nivel de inglés

Resultados finais da certificación de nivel de inglés.

A Xunta de Galicia  convocou, o curso pasado, as probas de nivel para a certificación de competencias en linguas estranxeiras dirixidas ao alumnado do curso 2022-23. A través desta proba, totalmente de balde para alumnos e familias, os estudantes que participaron nela poideron certificar a súa competencia lingüística nos niveis B1, B2 ou C1 do Marco Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL).

 

 

Exames de certificación de nivel de inglés

Próximamente, vanse celebrar no centro os exames de certificación de nivel de inglés.

Para mais información contactar coa profesora Mar Villar

Distribuir contido


by Dr. Radut