Skip to Content

Lingua galega

Departamento de Lingua Galega. Curso 24-25

A composición do departamento de lingua galega do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2024-2025 é a seguinte:

  • Barral Rodríguez, Ana Mª (xefa de departamento)
  • Rodríguez de Arriba, Purificación
  • Rodríguez Rouco, Ana María
  • De Castro Rodríguez, Mª Tareixa
  • Balboa Aira, Laura
  • Couso Núñez, Sergio
  • Castro Bello, Inés

Visita ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo.

O alumnado de 2º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes visitou a exposición A cidade e as xentes no Arquivo Histórico Provincial de Lugo.

Viron fotos e obxectos que lles permitieron coñecer os grandes cambios que se produciron na sociedade lucense na década dos setenta.

 

Visitamos a exposición sobre Asorey

O alumnado de segundo de ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes visitou a exposición sobre Asorey para coñecer a súa relación coa literatura galega e realizou un roteiro literario polo centro da cidade.

 

 

Visitamos a exposición sobre Xaquín Marín

O alumnado do Club de lectura do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes e de segundo de ESO visitou a exposición sobre Xaquín Marín no Vello Cárcere.

A exposición itinerante que presenta en O Vello Cárcere a Federación de asociacións galegas culturais Galiza Cultura, ofrece un percorrido retrospectivo pola obra e o universo creativo dun artista tan polifacético e singular como é Xaquín Marín.

 

Visita ao Concello de Lugo

Alumnado de 1º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou o Concello de Lugo. A actividade resultou moi didáctica e entretida.

Despois dunha breve información sobre a importancia da nosa Muralla e os escudos das 4 provincias de Galicia gravados nas cristaleiras que puidemos ver subindo as escaleiras da casa do concello, chegamos ao Salón de plenos.

Alí o noso alumnado reconvertidos en concelleiros e alcalde debateron as necesidades de Lugo no ámbito do ocio e o deporte. Ideas que houbo que votar para poder chegar a un consenso.

Visitamos a exposición sobre a emigración e a adicada a Alonso Montero

O alumnado de 2º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes visitou a exposición sobre a emigración, situada no corredor do instituto, e a adicada a D. Xesús Alonso Montero Biblioteca Pública.

 

 

Encontro co escritor Paco Martín.

Despois de visitar na Biblioteca Pública a exposición "Cen anos de literartura infantil e xuvenil en galego", o alumnado do Club de lectura do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes tivo un encontro co escritor Paco Martín.

 

Visitamos a exposición "Educación en feminino: un paseo pola historia"

O alumnado de 2º ESO visitou a exposición Educación en feminino: un paseo pola historia,  na Facultade de Formación do profesorado.

Trátase dunha exposición que rememora as traxectorias de varias mulleres docentes e colectivos de educadoras e pon en valor as súas achegas á historia da educación.

Visita á exposición Cen anos de literatura infantil e xuvenil

Alumnado de 2º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes visitou a exposición Cen anos de literatura infantil e xuvenil en galego.

Unha árbore de historias. Cen anos de literatura infantil e xuvenil» é a nova exposición da Biblioteca  Publica de Lugo que chega un cento de publicacións, a maior parte primeiras edicións, que reflicten a evolución das obras infantís e xuvenís en galego.

Charla "Contar historias no século XXI"

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes asistiu á charla "Contar historias no século XXI" impartida por María Valcárcel, periodista e profesora asociada da USC.

Na sociedade da información, a xestión cultural é un proceso que achega valor. En cada fase aprendemos algo, achegamos algo, compartimos algo. A través da ideación e posta en marcha de proxectos culturais contamos historias que contribúen ao desenvolvemento individual e social. O século XXI precisa das nosas historias para ser entendido, di María.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut