Skip to Content

Orientación

Departamento de Orientación. Curso 24-25

A composición do departamento de orientación do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2024-2025 é a seguinte:

  • Pérez Castiñeira, Montserrat (xefa de departamento)
  • Guerreiro Muñoz, María (Orientadora)
  • Liz Rodríguez, María Montserrat (pedagoxía terapeútica)
  • Estévez González, Rut (pedagoxía terapéutica)
  • Martín Cruz, María José (pedagoxía terapéutica)

Blog do departamento de Orientación.

Que non te líen, ti elixes

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes participou na actividade do programa "Que non te líen, ti elixes" enfocada a favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos nos ciclos de formación profesional.

 

Charla sobre violencia de xénero

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes asistiu a unha charla sobre violencia de xénero.

Trátase de reforzar e ampliar os valores igualitarios entre homes e mulleres e desenvolver a educación afectiva como base para loitar contra a violencia de xénero.

Violencia de xénero e o novo contexto dixital

Alumnado de 1º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes participou na charla sobre violencia de xénero e o novo contexto dixital 

 

A poñente, June Pereiro, explicou como identificar condutas violentas dentro da parella relacionadas co emprego de dispositivos móbiles e redes sociais, xa que en moitos casos trátase do primeiro paso cara relacions non igualitarias.

Charla do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos

O alumnado de 3º ESO, grazas a colaboracion da policia nacional,  tivo a sorte de recibir unha charla sobre adicions.

Descubriron cales son as novas adicions, e como avanzan entre a poboacion da sua idade. A sua prevencion e recoñecemento e moi importante a fin de reducir os riscos asociados a estas.

Charlas Violencia de Xénero

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes está participando nun ciclo de charlas sobre a violencia de xénero.

O obxectivo destas charlas é sensibilizar ao alumnado ante a violencia de xénero, recoñecer como se inicia, que non solo consiste en maltrato físico senón tamén en violencia psicolóxica. En definitiva, trátase de concienciar e rechazar este tipo de violencia.

Xogos tradicionais

Nesta semana recibimos a visita de Gabriel Arias, Titulado Superior en Animación Sociocultural e estudande do Grao en Educación Social. O alumnado de segundo de ESO puido aprender e desfrutar xogando.
Grazas Gabriel!
 
 
 

Benvida aos novos alumnos

Celebramos o acto de acollida do alumnado que se incorpora para o próximo curso.

Benvidos!!

Visita á mostra "A USC Camiña"

Alumnado de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou a mostra "A USC Camiña"

      

Con esta mostra a USC pretende dar a coñecer ó alumnado de ensino non universitario a Universidade de Santiago de Compostela. Consiste nun percorrido polas titulacións de grao, mestrado, doctorado, a investigación e os diferentes servizos relacionados coa vida universitaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut