De cara a completar as listaxes de participantes nas mobilidades que temos garantidas a día de hoxe para o curso 2024-25, procedemos a convocar as seguintes prazas na fase de setembro:
- Noruega (xaneiro 2025) e Islandia (abril 2025): 1 praza para cada país.
- Francia (abril de 2025): 6 prazas.
O alumnado participante nas mobilidades a Noruega e Islandia acollerá a un alumno/a destes países en outubro. O alumnado que participe na mobilidade a Francia acollerá a un alumno/a de Francia, Italia ou Lituania en febreiro
Alumnado que pode participar
O alumnado que pode optar a estas prazas nesta segunda fase da convocatoria é o alumnado de nova incorporación ao centro e o alumnado que quedou en lista de espera en maio.
Comité de selección
Para seleccionar ao alumnado participante nestas mobilidades haberá un comité de selección formado polo profesorado que organiza cada mobilidade xunto co coordinador de proxectos internacionais, Roberto Núñez Pena. No caso de que algún candidato/a sexa familiar dalgún membro do comité de selección, este último non participará na selección.
Criterios de selección
Para poder baremar ao alumnado novo e ao antigo en igualdade de condicións, os criterios de selección estarán artellados da seguinte forma:
Mobilidades en Noruega e Islandia:
- Carta de motivación ao coordinador de proxectos internacionais, explicando os motivos polos que se quere participar e o que cada candidato/a pode aportar a un proxecto sobre patrimonio cultural: 10 puntos.
- Pertencer ao colectivo de alumnado con menos oprtunidades: ata 5 puntos.
- Media do expediente académico de cuarto de ESO: 10 puntos.
- Nota na materia de Lingua Estranxeira - Inglés en cuarto de ESO: 10 puntos.
- Cursar unha segunda lingua en primeiro de bacharelato: 2 puntos.
Mobilidade en Francia:
- Carta de motivación ao coordinador de proxectos internacionais, explicando os motivos polos que se quere participar e o que cada candidato/a pode aportar a un proxecto de investigación sobre carreiras profesionais: 10 puntos.
- Pertencer ao colectivo de alumnado con menos oprtunidades: ata 5 puntos.
- Media do expediente académico de cuarto de ESO: 10 puntos.
- Nota na materia de Historia en cuarto de ESO: 10 puntos.
- Cursar a materia de Economía en primeiro de bacharelato: 2 puntos.
Como participar
Para participar nesta fase do proceso de selección, deberán cumprimentar o formulario que se achega e entregalo ata o día 20 de setembro ás 14:30 na oficina administrativa do centro, xunto coa carta de motivación. É posible tamén achegar a documentación en dous documentos en formato pdf enviando un correo a iesollosgrandes.erasmus@gmail.com.
Prazo de alegacións
Unha vez publicada a resolución provisional desta fase na páxina web do centro, haberá tres días lectivos para presentar alegacións, en persoa ou a través do correo mencionado máis arriba. Unha vez resoltas, publicarase a resolución definitiva na páxina web do centro.