Skip to Content

Club de lectura

Club de lectura

Visita á Biblioteca Pública

O alumnado do Club de lectura do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes realizou unha visita guiada á Biblioteca Pública que lle permitiu coñecer o seu funcionamiento e acceder a salas pechadas ó público que agochan tesouros literarios.

CLUB DE LECTURA

Chegou o momento  esperado … novas lecturas emocionantes, viaxes, xogos…

Siiii, xa te podes anotar ao Club de Lectura. Senòn sabes onde, pregunta na biblio.

 

Roteiro literario

Un grupo de alumnos do Club de lectura do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes realizou un roteiro literario relacionado co libro O veleno da risa de Santiago Jaureguízar.

Cando pasamos polo Museo Provincial aproveitamos para ver a Sibila de Velázquez.

Iniciación ao teatro

O alumnado do Club de lectura do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes asistiu a un obradoiro de iniciación ao teatro impartido por Marga Portomeñe (profesora de teatro, actriz, artesá e antiga alumna do instituto).

Encontro co alumnado do Club de lectura de As Pontes

Alumnado de 2º e 4º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes participou nun encontro co alumnado do Club de lectura de As Pontes.

Compartimos unha actividade de escaperoom sobre o libro de lectura Tres catorce dezaseis de Rocío Leira e un roteiro que nos levou ó lago e que nos permitiu coñecer a súa historia.

 

Encontro co escritor Paco Martín.

Despois de visitar na Biblioteca Pública a exposición "Cen anos de literartura infantil e xuvenil en galego", o alumnado do Club de lectura do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes tivo un encontro co escritor Paco Martín.

 

Visita ao Pazo de Tor

Alumnado do Club de lectura do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes visitou o Pazo de Tor

O Pazo de Tor está situado nunha elevación que lle serve de miradoiro sobre o val de Lemos na parroquia de San Xoán de Tor. Acolle unha importante biblioteca, catro salóns corridos, escalinata barroca e unha colección de armaduras (séculos XIV- XV), así como mobles e pinturas do século XVI.

 

 

 

Club de lectura

Alumnado do Club de Lectura do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes  compartiu  esta afección con nenos e nenas de sexto de Primaria do CEIP Anexa e con persoas maiores da Residencia San Roque.

Foi unha experiencia moi gratificante para ambas partes.

Charla do Club de lectura

O escritor Santiago Jaureguízar falou co alumnado de primeiro de ESO do Club de lectura sobre O veleno da risa e deulles algunhas ideas para o roteiro que van facer sobre este  libro.

 

II Encontro Falemos de emigración

O alumnado de 3º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou no segundo encontro Falemos de emigración en colaboración con Afundación

Trátase de acercar ao alumnado ás experiencias das persoas maiores na emigración.  A partir dun relato inicial das persoas voluntarias participantes, alumnado e maiores establecen un diálogo e unha reflexión  sobre a emigración vivida polos maiores e a de hoxe en día.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut