Skip to Content

Física e química

Departamento de Física e Química. Curso 24-25

A composición do departamento de física e química do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2024-2025 é a seguinte:

  • Otero Rodríguez, Esther (xefa de departamento)
  • Piñeiro Arias, Rosa Ana
  • Rico Fernández, Susana

Masterclass International "Física de partículas coas mans"

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes asistiu en Santiago, na Facultade de Matemáticas da USC á unha Masterclass International "Física de partículas coas mans".

Trátase, dunha experiencia na que o alumnado é parte dun simulacro da actividade científica profesional. Consiste nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual, ademais dunha práctica realizada en grupo. 

Taller. "La energía en juego"

Alumnado de 2º e 3º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes paticipou nun xogo de rol no que tiña que xestionar a producción de enerxía, comprando centrais enerxéticas con criterios de rendabilidade e baixas emisións atmosféricas.

Esta actividade foi realizada por Naturgy

 

Visitas aos laboratorios da Facultade de Ciencias

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitaron esta seman os laboratorios da Facultade de Ciencias.

Alí, en pequenos grupos, recorreron as instalacións, os distintos laboratorios e fixeron varios experimentos.

Esta actividade estivo organizada polo Departamento de FeQ do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes en colaboración coa Facultade de Ciencias da USC no Campus de Lugo.

Visita aos museos coruñeses

O xoves 11 de xaneiro o alumnado de 2º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes visitou os museos científicos da Coruña (Casa das Cuencias e Domus).

   

 A viaxe foi organizada polo departamento de Fisica e Química. 

Os rapaces disfrutaron dunha sesión guiada no planetario, e das actividades interactivas dos museos.

Charla: De onde sae un medicamento?

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes recibiu unha charla impartida polo profesor Luis Miguel Botana do Departamento de Farmacoloxía  da Facultade de Veterinaria da USC.

Nesta charla contáronnos de forma moi amena exemplos históricos da orixe dalgúns medicamentos, a súa relación coa arte, a guerra, a historia... 

Experimentos do Club de Ciencia

O alumnado do club de ciencias na sua recta final de curso descalcificou un ovo e unhas cunchas.
O resultado foi divertido.

Traballando con cores

No club de ciencias do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes seguimos traballando con cores.

O alumnado separou a proteina do leite e con axuda do colorante obtivo estas bonitas figuras

Cociñando no laboratorio

Alumnado do Club de Ciencias  segue cociñando no laboratorio. Esta semana tocoulles facer un arco de vella doce.

Xogar coa ciencia é a mellor forma de aprender

Actividade Club de Ciencia

Esta semana o alumnado do club de ciencias, comprobou como se moven as correntes mariñas. Para o cal so necesitou colorante, xeo e auga quente.

Foi un experimento moi sinxelo pero divertido e cheo de colorido

Distribuir contido


by Dr. Radut