Skip to Content

Educación física

Departamento de Educación Física. Curso 24-25

A composición do departamento de educación física do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2024-2025 é a seguinte:

  • Fernández Pedraza, Noemí (xefa de departamento)
  • Fouce Alonso, Brais
  • Salgado Garrues, Adrián

Síguenos en https://www.instagram.com/pvsdefiesnsollosgrandes/  o en  noeefiesollosgrandes.blogspot.com

 

 

Coñece o meu club: Club de kárate Shihan de Lugo

Os días 11, 15 e 19 de novembro no horario de Educación Física de ximnasio de 4º ESO A, B, C e D o alumnado contou coa presencia de técnicos da "Escola deportiva Shihan", que viñeron ao centro a ensinarlle ao noso alumnado un deporte distinto para eles, o KÁREATE.

Moitas gracias "Escola Deportiva Shihan" polo voso traballo, dedicación e ensinanzas!!!

 

 

Charla Fundación Breogán

O lúns 18 de novembro acudimos ao edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo para asistir a unha Charla organizada pola Fundación Breogán dentro do programa ¨Luz ó deporte"

Nesta ocasión o alumnado de 1º ESO foi acompañado polo profesorado de Lingua Galega: Laura Balboa e Sergio; Educación Física: Nuria, Noemí e Brais; Educación Plástica: María; Portugüés: Loaira; dous profesoras de PT do centro; asistiron a Charla de Miguel Muñoz xogador profesional de fútbol sala no "Lugo Sala", faloulle ao alumnado de valores que lle proporcionou o deporte: traballo, esforzo, constancia, loita, compañerismo, traballo en equipo, perseverancia, disciplina, respeto, confianza nun mesmo, pasión, familia...

Ao finalizar o alumnado preguntoulle a Miguel curiosidades sobre a súa carreira profesional.

Charla Fundación Breogán: “LUZ Ó DEPORTE”

O lúns 21 de outubro o  alumnado de 2ºESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes acudiu ao edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo para asistir a unha Charla organizada pola Fundación Breogán dentro do programa ¨Luz ó deporte",

 

Nesta ocasión asistiron á Charla de Jessica e Lucy Akamere xogadoras de Superliga de Voleibol que falaron dos valores e sentimentos que lles proporcionou o deporte.

 

Visita ao Centro Deportivo D10

O martes día 15 de outubro e o xoves día 17 de outubro o alumnado de 1º de bacharelato acudiu ao centro deportivo D10 para pasar unha xornada deportiva, dende ás 09,00h e ata ás 14.00h, cun  descanso de 30 min a mitade da mañá.

O alumnado estivo distribuido en tres grupos e foi rotando polas distintas actividades que estaban programadas: padel, tenis e fitness (cycling e TRX), terminaron a xornada cunha sesión lúdica na piscina cuberta da instalación.

 

O profesorado acompañante nesta ocasión foi o do Departamento de Educación Física: Nuria, Brais e Noemí.

Coñece o meu club. Escola de Judo “Lvcvs Dojo”.

O luns, martes e mércores o alumnado de 1º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes recibiu na súa clase de Educación Física unha sesión de iniciación ao Judo, actividade enmarcada dentro do Plan Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva de centro dentro do apartado “Coñece o meu club”, neste caso acudiu ao centro a impartila a Escola de Judo “Lvcvs Dojo”.

Gracias Lvcvs Dojo pola vosa implicación e ensinanzas!!!

Charla Fundación Breogán: “LUZ Ó DEPORTE”

Hoxe, 30 de setembro de 2024, o Departamento de Educación Física: Brais, Nuria, Noemí; Laura Balboa de Lingua Galega e María Guerreiro do Departamento de Orientación asistimos co alumnado de 4ºESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes a unha conferencia organizada pola Fundación Breogán: “LUZ O DEPORTE”

Nesta ocasión tivemos a sorte de poder escoitar a Joaquin Dosil, psicologo deportivo, que ensinou ao alumnado como a psicoloxía deportiva pode mellorar o rendemento deportivo e a vida persoal.

 

Gracias Fundación Breogán por darlle “Luz ao deporte”!

Parque de aventura: Roq Park de Viveiro

Hoxe, día 14 de xuño o alumnado de 1ESO foi ao parque de aventura: Roq Park de Viveiro a disfrutar dunha magnifica xornada, foron acompañados polos seus profesores Jose Antonio, Aitor, Roxana e Noemí.

Esta actividade está enmarcada dentro do Plan Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva coordinado polo Departamento de Educación Física.

Piragüismo e senderismo

O día 07 de xuño o alumnado de 2º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes acompañado polos seus profesores de Matemáticas: Sico, Portugüés: Xosé e Educación Física: Aitor e Noemí foi a Pontedeume a facer dúas actividades deportivas, unha ruta de piragüísmo e outra de senderismo dende Pontedeume a Redes.

Esta actividade está enmarcada dentro do plan Proxecta: “Proxecto de vida saudable e deportiva”.

Surf

Hoxe, día 03 de xuño de 2024, o alumnado de 4 ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes acompañado polos seus profesores de Educación Física e o Profesor de Pedagoxía Terapéutica: Iago foron a praia de Esteiro, O Barqueiro, no Concello de Mañón para facer un “Bautismo de Surf”.

Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut