Skip to Content

Institución amiga

A Concellería de Muller e Igualdade  do Concello de Lugo foi nomeada "institución amiga dos IES Nosa Señora dos Ollos Grandes"  pola súa colaboración co centro en distintas iniciativas educativas.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, recibiu o recoñecemento de mans do director instituto, Francisco Javier Núñez, e da coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística Ana Lópe Cela.

A coordinadora do EDLG, Ana López, presentou  a revista do centro, Tempus das Letras.

Pechouse o acto cunha breve actuación do grupo de cantareiras  do centro.

 

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut