Fálame da emigración 2
O alumnado de 2ºA de ESO participou o día 29 de marzo nesta actividade que se realiza en colaboración con Afundación.
Visitamos a sede de Afundación e nove alumnos relataron as vivencias dos seus parentes como emigrantes. A continuación tivemos un debate con persoas maiores que tamén viviron esta experiencia e analizamos as circunstancias, causas e consecuencias deste fenómeno tan significativo na nosa sociedade.