Skip to Content

Charla: Intelixencia artificial, imaxes e saúde

Alumnado de 1º de Bacharelato do  IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiu á charla Intelixencia artificial, imaxes e saúde 

 

Esta charla, impartida pola profesora da USC Mª José Carreira,  da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, presentounos unha perspectiva de como as tecnoloxías intelixentes participan nas investigacións en saúde, centrando o foco máis en imaxe biomédica pero tamén noutros aspectos como a bioinformática.

Tamén nos amosou que os avances científicos se conseguen co traballo de equipos multidisciplinarios nos que a participación das tecnoloxías intelixentes é fundamental para o avance da ciencia. 

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut