Conferencia: Modelos Matemáticos. Unha axuda para entender e explicar a realidade.
Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiu á conferencia: Modelos Matemáticos. Unha axuda para entender e explicar a realidade, impartida polo profesor da USC Miguel A. Vilar.
Dentro do ciclo de conferencias A Ponte, Miguel presentounos a partir de exemplos ambientais, un par de modelos matemáticos sinxelos que poñen de manifesto a utilidade desta ferramenta sen esquecer as súas limitacións, que obrigan a un estudo e investigación permanente co fin de melloralos.