Saída G-Night
Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou, nas dependencias do Vello Cárcere, no programa de actividades deseñado polo grupo de innovación docente da USC XuvenCiencia co gallo da Noite europea das persoas investigadoras G-Night.
Os alumnos foron protagonistas dalgún dos 15 obradoiros e sesións demostrativas que se desenvolveron.