Convocatoria asamblea extraordinaria da ANPA do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes
Prezadas familias, vos convocamos para o vindeiro 21 de xuño a asamblea extraordinaria para renovar cargos da Xunta Directiva, o de presidente fixo, que recae sobre esta que vos escribe, e rematei a miña etapa como nai no Centro. Tamén vos adxunto as contas a día de hoxe cos gastos e ingresos que houbo dende o 2/01/2021 que foron as derradeiras contas presentadas e aprobadas en Asamblea.
Convocatoria
ASAMBLEA EXTRAORDINARIA
da
ANPA DO IES A NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES (LUGO)
A Xunta directiva da ANPA, acorde cos Estatutos da Asociación, convoca ASAMBLEA EXTRAORDINARIA para o vindeiro 21 de xuño, luns, ás 19:30 da tarde en primeira convocatoria, e ás 20:00 en segunda coa seguinte e única orde do día:
- RENOVAR XUNTA DIRECTIVA, xa que hai que cubrir cargos vacantes, entre eles o de PRESIDENTE, porque hai persoas que cesan no cargo.
Dita ASAMBLEA terá lugar no Salón de Actos do Centro (este salón esta no segundo andar) de maneira presencial ou por videochamada a través do seguinte enlace:
https://meet.google.com/nyc-yibi-dud
Prégase puntualidade e a maior asistencia posible