Homenaxe a Rosalía de Castro
Rosalía sempre viva en nós!
Para celebrar o Día de Rosalía, o alumnado de 3ºF acudiu ao parque do mesmo nome e, diante do busto da escritora, realizou unha lectura de poemas e unha ofrenda floral.
Poemas como “Nasín cando as prantas nasen”, “Negra sombra”, “Unha vez tiven un cravo”, “Campanas de Bastabales”, “Adiós ríos, adiós fontes”
e para rematar o poema que Federico García Lorca dedicou á nosa poetisa:
“Canzón de cuna para Rosalía de Castro, morta”
¡Érguete, miña amiga, que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada, porque o vento muxe coma unha vaca!
Os arados van e ven dende Santiago a Belén,
Dende Belén a Santiago un anxo ven en un barco.
Un barco de prata fina que trae a dor de Galicia.
Galicia deitada e queda transida de tristes herbas.
Herbas que cobren teu leito e a negra fonte dos teus cabelos.
Cabelos que van a ô mar onde as nubes teñen seu nidio pombal.
¡Érguete, miña amiga, que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada, porque o vento muxe coma unha vaca!