Leo e viaxo polo museo
22/02/2017 11:21
Europe/Madrid
Rutas polo Museo Provincial de Lugo organizadas polo EDLG dentro do programa Rutas Literarias do Museo Provincial de Lugo. Previamente o alumnado debe de ter lido un libro facilitado polo museo relativo ás rutas. Preténdese achegar ao alumnado a nosa bagaxe cultural e os nosos escritores.
O profesorado que teña clase co grupo durante a realización da actividade deberá acompañar aos seus alumnos durante a mesma.