Skip to Content

Mes da Ciencia en Galego

No IES Nosa Sra dos Ollos Grandes continuamos co mes da Ciencia en Galego e hoxe no periodo de lecer organizamos xogos feitos polo alumnado do Club de Ciencias para aprender sobre o Covid, o cambio climático e outros temas de interese.

Todos os xogos foron creados íntegramente polo noso alumnado, baixo a supervisión da profesora Pilar Illán do departamento de bioloxía e coa colaboración do EDLG

Deseñaron os modelos, crearon os taboleiros e os instrumentos necesarios e elaboraron as preguntas. Sen dúbida, unha excelente maneira de aprender.

 

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut